Saltar

Acción climática

A nosa visión é crear un mellor día a día para a maioría das persoas. No mundo actual, isto significa transformar o noso negocio e a nosa cadea de valor para reducir drasticamente a nosa pegada climática. Temos esa responsabilidade cos fogares que compartimos, e é o que os nosos clientes e colaboradores/as agardan.

Paneis solares nun tellado.
Dous homes de pé (un vestido de azul ao lado doutro de negro) mirando táboas de madeira de distintas medidas nun almacén.

Comprometémonos a axudar a limitar o aumento da temperatura global a 1,5 °C, con cero emisións netas, para 2050.

Máis sobre a estratexia de sostibilidade de IKEA

Unha estratexia clara

Os obxectivos que establecemos son ambiciosos. Entre eles, atópase o compromiso de reducir á metade as emisións globais para o 2030. Para iso, debemos reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro a un valor inferior ao que emite toda a cadea de valor IKEA ao tempo que medra o negocio IKEA.

Máis sobre a estratexia de sostibilidade de IKEA

Cara ás cero emisións netas

Comprometémonos a cumprir o Acordo de París e a contribuír a limitar o aumento da temperatura global a 1,5 °C por enriba dos niveis preindustriais. Isto inclúe o compromiso de reducir as emisións absolutas de gases de efecto invernadoiro (GEI) da cadea de valor polo menos un 50% para o FY30, en comparación coa referencia do FY16, e de acadar as cero emisións netas para o FY50 como tarde, sen depender das compensacións de carbono para alcanzar ese obxectivo de redución absoluta. Ademais, eliminaremos e almacenaremos carbono a través da silvicultura, a agricultura e os produtos, e iremos máis aló da nosa cadea de valor para contribuír á redución adicional na sociedade.

Axenda climática

Para reducir a nosa pegada climática, establecemos os seguintes obxectivos estratéxicos, por orde de prioridade:

Varios aeroxeneradores altos sobre unha paisaxe montañosa aproveitando a potencia do vento baixo un ceo con nubes.

1. Redución drástica das emisións de gases de efecto invernadoiro

Conseguirase usando máis materiais e produtos alimentarios cunha pegada climática baixa. Traballamos en prol da electrificación das nosas operacións con enerxía procedente, na súa totalidade, de fontes renovables e a mellora continua da eficiencia enerxética. Promovemos opcións cunha menor pegada climática durante a nosa transición a un negocio circular.

 

Resumo e informe de sostibilidade anual de 2024

Plan de transición a cero neto

Creación de mercados para artigos de segunda man

Un número cada vez maior de mercados IKEA recompran os mobles IKEA a clientes que xa non os precisan e revenden estes artigos de segunda man de boa calidade a novos clientes nas seccións de oportunidades. IKEA en Suecia probou unha tenda temporal totalmente equipada con produtos IKEA de segunda man.

Axudamos a que os produtos duren máis tempo

Ofrecemos cada vez máis pezas de reposto para que os clientes poidan prolongar a vida útil dos seus produtos. Para facilitar aínda máis aos clientes a obtención de pezas de reposto, lanzamos unha solución de pedidos en liña fácil de usar en todo o mundo.


2. Eliminación e almacenaxe de carbono a través da silvicultura, a agricultura e os produtos

O seguinte paso para reducir á metade a nosa pegada climática é eliminar o CO₂ da atmosfera mediante procesos naturais. Para iso, almacenaremos o CO₂ a través de mellores prácticas de xestión forestal e agrícola. Unha economía circular tamén garantirá que o carbono permaneza almacenado nos nosos produtos e materiais durante máis tempo.

Programa Forest de IKEA para 2030
Imaxe dun bosque. A zona en primeiro plano é lixeiramente boscosa cun camiño ancho, mentres que o fondo ten unha follaxe máis densa.
Programa Forest de IKEA para 2030

3. Máis aló de IKEA

Asumimos unha maior responsabilidade pola pegada climática dos nosos clientes e provedores.​Para iso, axudamos aos clientes a xerar enerxía renovable en casa e traballamos para transformar todas as fábricas ou operacións dos nosos provedores para pasárense á enerxía renovable.​​

Polo momento, investimos ou comprometémonos a investir máis de 4200 millóns de euros en activos de produción de enerxías renovables, como a eólica e a solar. As nosas instalacións xeran enerxía eléctrica renovable equivalente ao consumo anual de máis de 1,47 millóns de fogares europeos.

Máis información
Centos de paneis solares no teito dun edificio IKEA. No fondo, hai un gran cartel triangular de IKEA.
Máis información

Zona de reciclaxe

Sabías que nas nosas tendas temos habilitada unha zona para reciclar todo o que xa non precisas e asegurarte de que ten un bo destino? Visita a túa tenda IKEA e infórmate sobre todos os produtos que podemos recoller e xestionar de forma axeitada.

Localiza a túa tenda