Saltar

IKEA Foundation: Cambios globais mediante solucións locais

A IKEA Foundation traballa nalgunhas das comunidades máis vulnerables do mundo, onde as necesidades —e, por tanto, as oportunidades— son maiores. Durante a IKEA Foundation Week, poñemos o foco nalgúns dos nosos incribles socios que traballan nas súas comunidades locais para desenvolver solucións que poidan resultar de utilidade a escala mundial.

Se penso no cambio climático, penso en... 

Este ano, propoñemos que sexas ti quen complete a oración. Repara nas preguntas que facemos en todo o mundo e comparte a túa opinión ao mesmo tempo que descobres como o traballo dos socios da IKEA Foundation impulsa cambios arredor de nós.

Visita a IKEA Foundation para obter máis información

Completa o cuestionario

Que tipo de axente do cambio es?

Hai moitos camiños que levan a un futuro máis sostible, e é crucial fomentar cambios que beneficien a maioría. Completa estas frases coas solucións que consideres necesarias e descubre que tipo de axente do cambio es.

Completa o cuestionario

Coñece algúns axentes do cambio que colaboran coa IKEA Foundation

As emisións de metano afectan á saúde de...?

O Global Methane Hub, un dos socios da IKEA Foundation, explícanos o impacto que teñen as emisións de metano nas persoas e no planeta.

Para garantir un futuro sostible, precisamos...

SNV, outro dos socios da IKEA Foundation, sinala o motivo polo que son precisas solucións a escala local e global para acadar un futuro sostible.

Dúas persoas estenden os brazos mentres sosteñen mancheas de terra escura e fértil.

Sabías que…?

  • Desde as súas orixes, a IKEA Foundation distribuíu máis de 2000 millóns de euros entre máis de 200 socios, o que crea un mellor día a día para maioría das persoas.
  • A IKEA Foundation subvenciona socios profesionais de todo o mundo para, así, xerar cambios sistémicos a longo prazo.
  • A IKEA Foundation comparte o legado e os valores de IKEA, pero é unha entidade independente do negocio.
Visita a IKEA Foundation

En equipo, podemos cambiar a historia desde planeta para sempre

Descubre como a IKEA Foundation colabora cos seus socios para xerar cambios que se manteñen no tempo. Visita a súa páxina web para obter máis información.

Visita a IKEA Foundation