A visión e os valores de IKEA
Inspirados pola nosa visión e impulsados polos nosos valores, apaixónanos a vida na casa.

Levamos a marca IKEA a millóns de fogares e ofrecemos produtos para o fogar ben deseñados, funcionais, duradeiros, accesibles e sostibles para persoas con grandes soños e pouco diñeiro. Interésanos o mundo ao noso redor e queremos marcar unha diferenza positiva nas vidas das persoas.
A visión de IKEA
"Crear un mellor día a día para a maioría das persoas". Esta visión vai máis alá dos produtos para o fogar. Queremos ter un impacto positivo no mundo, dende as comunidades nas que nos abastecemos de materias primas ata no xeito no que os nosos produtos axudan os nosos clientes a vivir unha vida máis sostible na casa.
Ao compartir o que facemos e defender o que cremos, podemos ser parte dun cambio positivo na sociedade.
A idea de negocio de IKEA
Mentres que a nosa visión explica por que existimos, a nosa idea de negocio dinos o que queremos conseguir. Ademais, se algunha vez visitaches IKEA, seguro que xa a coñeces: "Ofrecer unha ampla gama de produtos para o fogar ben deseñados e funcionais a prezos tan baixos que a maioría das persoas os poidan mercar".
Ingvar Kamprad, fundador de IKEA

IKEA non é traballo dunha única persoa. É o resultado de moitas mentes e moitas almas traballando xuntas ao longo de moitos anos de diversión e traballo duro.”
Ingvar KampradFundador de IKEA
Os valores de IKEA
Os nosos valores reflicten o que consideramos importante, tanto que nos referimos a eles como unha das nosas "constantes". Guíannos no noso día a día no traballo, tanto no xeito no que tratamos as persoas e o planeta ata como tomamos decisións, xa sexan grandes ou pequenas.