Contigo podemos crear un futuro máis sostible
Queremos inspirar e poñer ao alcance do maior número de persoas posible a posibilidade de vivir de xeito máis sostible, e que sexa doado e alcanzable. Tamén poñemos da nosa parte ao transformar a nosa forma de traballo para que sexa circular e sen impacto climático, ademais de ter un impacto social positivo en calquera canto do mundo.
O noso obxectivo é usar máis materiais renovables e reciclados, eliminar os residuos nas nosas operacións e cambiar o xeito no que deseñamos os produtos e os servizos que ofrecemos para prolongar a vida dos produtos e velos como recursos para o futuro.


Aforra diñeiro e marca a diferenza sen saír do teu fogar
En IKEA, temos un montón de produtos e solucións para facer que o teu fogar sexa máis sostible, e dalgúns non te darás nin conta. Podes aforrar un montón de enerxía coas nosas bombillas LED, placas de indución, neveiras, conxeladores e lavalouzas, e tamén poderás reducir o teu consumo de auga ao instalar as nosas billas de baixo consumo.
Cuns bos produtos para almacenar a comida evitarás desperdiciala e poderás simplificar a reciclaxe coas nosas solucións de clasificación de residuos. Poden parecer medidas insignificantes, pero iso é o bo das cousas pequenas: que todas suman!
Usar os recursos tendo en conta os límites do noso planeta
Facer máis con menos forma parte da cultura IKEA. Buscamos constantemente maneiras novas para aproveitar ao máximo cada paso da produción.
Os nosos dous materiais máis usados hoxe son o algodón e a madeira, e usámolos en moitos dos nosos produtos. Asegurarnos de que se obteñen e se usan dun xeito sostible é crucial e marca a diferenza para o noso planeta.
Co algodón, alcanzamos un obxectivo importante. Dende 2015, todo o algodón que utilizamos para os produtos IKEA provén de fontes máis sostibles. Isto significa que o algodón é reciclado ou se cultiva con menos auga, fertilizantes químicos e pesticidas, polo que os agricultores obteñen unha maior marxe de beneficio.
En canto á madeira, o noso obxectivo é obter toda a nosa madeira de recursos máis sostibles en 2020.
As persoas primeiro
A nosa visión de «crear un mellor día a día para a maioría das persoas» tamén implica respectar e crear unha vida mellor para as persoas e as comunidades das zonas nas que operamos. Esforzámonos constantemente por mellorar a calidade de vida, a diversidade e os dereitos humanos en todo o que facemos, tanto para os nosos colaboradores e colaboradoras, e provedores coma para as familias que viven nalgunha das comunidades máis vulnerables do mundo.
Condicións xustas e un ámbito de traballo seguro
Queremos crear un impacto social positivo para todas as persoas na nosa cadea de valor e cremos que todo o mundo merece ser tratado dun xeito xusto.
Un xeito de garantilo é traballar á par con provedores e seguindo o noso código de conduta, o estándar IWAY, que ten un papel importante nestes desenvolvementos positivos. IWAY tamén garante un ámbito de traballo seguro e saudable e evita a contaminación do aire, o chan e a auga, así como retribucións para os empregados que se correspondan polo menos co salario mínimo e a compensación de horas extraordinarias.