A nosa historia
Na actualidade, IKEA chega a millóns de corazóns e fogares de todo o mundo, pero cada historia de éxito ten o seu propio punto de partida. Sabías que IKEA era un pequeno negocio en Älmhult, unha vila rural de Suecia que vendía mediante un catálogo por correspondencia? E que as oficinas centrais de deseño de IKEA seguen situadas alí? Esta é a nosa historia.


As nosas raíces
Ingvar Kamprad fundou IKEA en 1943 con 17 anos. Nos seus comezos, vendía produtos como bolígrafos, carteiras e marcos de fotos. Småland, a terra na que se criou Ingvar, era un terreo pedregoso e agreste. Por aquel entón, moitos dos seus habitantes apañábanse con poucos recursos, sacando o máximo proveito do pouco que tiñan. Por iso dise que os habitantes de Småland son aforradores e innovadores, cunha mentalidade eficaz á hora de solucionar os problemas do día a día. Esta herdanza explica a forma de IKEA de facer as cousas e o noso éxito.
A evolución do logotipo de IKEA ao longo dos anos:
O catálogo IKEA
Älmhult, a cidade onde se fundou IKEA, encóntrase nunha área bastante remota de Suecia, o que complicaba chegar a clientes potenciais nas grandes cidades. Por iso, Ingvar creou o catálogo IKEA en 1951, cando xa decidira que a súa empresa debía vender mobles de calidade a prezos alcanzables:
A primeira exposición de IKEA
A primeira exposición de IKEA
Os prezos do primeiro catálogo de IKEA eran tan económicos que as persoas ao principio tiñan serias dúbidas sobre a calidade dos produtos. Por iso, Ingvar decidiu converter un antigo taller de Älmhult nunha exposición aberta ao público que se puidese visitar e na que os clientes puidesen probar os artigos antes de pedilos.
Como naceu a idea dos paquetes planos
Distribuír mobles voluminosos por correspondencia era complicado e caro, e, moitas veces, os produtos chegaban danados. En 1956 ocorréusenos a idea de quitarlle as patas á mesa LÖVET, o que á súa vez nos deu a idea de ofrecer paquetes planos e montaxe a cargo do cliente.
LÖVET volveu a IKEA, pero agora chámase LÖVBACKEN. Unha mesa pequena que contribuíu a unha grande idea.
Encántannos os desafíos!
Ao longo da nosa historia, as nosas mellores ideas xurdiron dos nosos maiores desafíos, e cremos que isto é o que nos fai diferentes. Na actualidade, IKEA é unha das marcas de decoración para o fogar máis coñecidas do mundo. Ademais, se incluímos as miles de persoas contratadas polos nosos provedores, temos case un millón de persoas traballando connosco para facer realidade a nosa visión de crear un mellor día a día para a maioría das persoas. E este é só o comezo. Como Ingvar Kamprad adoitaba dicir: «Aínda queda moito por facer. Un futuro magnífico!».