Saltar

A estratexia de sostibilidade de IKEA: un impacto real

O planeta é o noso único fogar. E o noso fogar precísanos agora máis que nunca. Enfróntase a riscos de desigualdade que fan que non poida ser accesible para todos. A riscos de intolerancia que fan que poida ser excluínte. E o cambio climático fai que poida chegar a ser un lugar inhabitable. Pero podemos intervir para coidar do noso fogar. E temos o firme propósito de axudar a mil millóns de persoas a vivir un mellor día a día.

A luz do sol brilla entre dous edificios e ilumina herba no chan. Xente camiñando de fondo.
A luz do sol brilla entre dous edificios e ilumina herba no chan. Xente camiñando de fondo.

Como ser People & Planet Positive

Temos grandes ambicións para o ano 2030. Conxuntamente cos nosos colaboradores, clientes e socios de todo o mundo, estamos a abordar o cambio climático, o consumo non sostible e a desigualdade. As nosas tres principais preocupacións son:

1. Vida saudable e sostible

Inspiramos e permitimos a máis de mil millóns de persas a vivir a vida dun xeito respectuoso co planeta.

2. Un clima circular e positivo

Como adoptar unha postura positiva con respecto ao ambiente e rexenerar os recursos a medida que se desenvolve o negocio de IKEA.

3. Xustiza e igualdade

Como crear un impacto social positivo en toda a cadea de valor de IKEA.

Velaquí algúns exemplos sobre como temos pensado acadar os nosos obxectivos

  • Dándolles unha segunda vida aos mobles IKEA
  • Creando unha comunidade global de enerxía limpa
  • Presentando máis alimentos saudables que tamén son bos para o planeta
  • Intentando operar con enerxía 100 % renovable en toda a cadea de valor de IKEA
  • Ofrecendo entregas a domicilio, en calquera sitio, con emisións cero
  • Apoiando os refuxiados de todo o mundo
  • Traballando con emprendedores sociais
  • Promovendo a igualdade de xénero e a igualdade salarial

    Queres saber máis?

    Bótalle unha ollada á estratexia de sostibilidade de IKEA: People & Planet Positive.