Saltar

Consellos de seguridade para o descanso do teu bebé

Cada familia decide cal é a mellor forma de levalo a cabo: leito compartido, berce, cuarto separado etc. Aínda que unha cousa é o que se decide e outra o que o bebé vos deixa facer cada día. En calquera caso, o descanso é un elemento vital para a saúde e o desenvolvemento dun bebé. Non te preocupes, aquí tes algunhas consideracións fundamentais de seguridade que poden axudarte a afrontar mellor un dos maiores retos dun pai ou dunha nai.

Nun berce GULLIVER branco, un bebé nun saco de durmir LEN rosa dorme sobre un colchón cunha saba axustable LEN rosa.
Nun berce GULLIVER branco, un bebé nun saco de durmir LEN rosa dorme sobre un colchón cunha saba axustable LEN rosa.

Un bo berce é a base para un descanso tranquilo

No primeiro ano de vida, a maioría dos bebés durmirán durante 12 ou 15 horas ao día. Por iso, a forma de preparar o berce é vital para a túa tranquilidade, xa que é onde o bebé pasa unha gran parte do tempo.

Na práctica, no berce só é preciso ter un colchón firme e unha saba axustable. Para que o bebé non pase frío, pero tampouco calor, xoga con distintos tipos de roupa de durmir lixeira, axustada á temperatura da estancia.

Un meniño de pé nun berce SUNDVIK gris estende unha man cara ao móbil GULLIGAST multicolor que colga enriba.

O berce dun bebé non debe ter nada máis ca un colchón firme e unha saba axustable.

A seguridade do bebé no berce e ao seu redor

Os berces IKEA están deseñados, fabricados e probados a fin de que sexan seguros para o teu bebé. Pero é importante considerar tamén como preparalos e saber que outros produtos para o fogar poden estar preto no cuarto.

Algúns consellos para preparar o berce

  • Utiliza un colchón para bebés firme. O berce e o colchón deben ter as mesmas dimensións para que o bebé non quede atrapado nun dos laterais. Todos os nosos berces e colchóns teñen as mesmas medidas; así tes algo menos do que preocuparte.
  • As sabas axustables deben ter as mesmas dimensións que o colchón, xa que se están ben axustadas non se soltarán no berce do bebé.
  • Utiliza un protector de colchón LEN fabricado con materiais que transpiren. Os que están feitos de materiais que non transpiran son para nenos de máis de 3 anos.
  • Os peluches e outros bonecos deben estar fóra do berce para que o bebé poida durmir e moverse con soltura, sen risco de que lle caian enriba.
  • Mantén a base do berce na súa posición máis baixa unha vez que o bebé se poida sentar só, para evitar que gabee polo lateral.
  • Cando o neno ou a nena sexa quen de subir e baixar só do berce, é mellor retirar o panel lateral para evitar que gabee por el e caia. Porén, tamén é un bo momento para pensar en trocar o berce por unha cama infantil.

Algúns consellos de seguridade arredor do berce

  • Os nosos estores xa teñen os tiradores ocultos, mais procura manter tamén as cortinas e os cables das lámpadas fóra do alcance do teu bebé para evitar que se enrede.
  • Os doseis, os móbiles para bebés e outros téxtiles son preciosos e aos bebés encántanlles. Iso si, evita que estes téxtiles longos colguen sobre o berce.
  • É mellor colocar o berce lonxe dos radiadores, da tubaxe quente e mesmo da luz directa do sol, xa que a pel dun bebé é moito máis fina que a dun adulto.
  • Mantén os mobles a unha distancia segura do berce. Se o teu bebé é inquedo, podería usalos para gabear polo berce, co risco de caída que iso comporta.
  • Non fixes nunca ganchos, tiradores ou obxectos semellantes ao berce, xa que o bebé podería quedar atrapado cando se mova dentro del.
Unha persoa cun xersei verde preme a esquina dun colchón cunha saba axustable LENAST de lunares nun berce SNIGLAR.

Un colchón seguro debe axustarse perfectamente ao berce, sen deixar ocos nos que o bebé poida quedar atascado.