Saltar

Un fogar para que os pequerrechos xoguen

O xogo é unha parte fundamental da felicidade e o desenvolvemento integral dos nenos, por iso hai que fomentalo. Só tes que protexer as zonas do teu fogar nas que un xogo inocente podería acabar en algo máis ca un croque.

Unha nena e unha persoa adulta están a falar por un teléfono de fío nunha tenda formada por un sofá PÄRUP e unha manta ULLTISTEL en marrón avermellado e branco.
Unha nena e unha persoa adulta están a falar por un teléfono de fío nunha tenda formada por un sofá PÄRUP e unha manta ULLTISTEL en marrón avermellado e branco.

Debemos ser conscientes de que calquera cousa se pode utilizar para xogar

Para os máis pequenos, calquera lugar pode servir para xogar. Non sempre podes prever cando nin con que ­­ quererá xogar. Por iso, o máis útil é observar todo o fogar a través dos seus ollos. Así identificarás posibles zonas de perigo e poderás tomar as medidas necesarias para reducir os riscos.

Por sorte, o teu fogar pode ser un lugar no que os xogos dos pequerrechos sexan unha alegría, e non unha preocupación. Para conseguilo convén prestar atención a algúns aspectos, como fixar os mobles á parede, ter recollidos os obxectos pequenos que poidan levar á boca e non deixar libre acceso a fiestras e escaleiras.

Un neno con pantalóns verde escuro e xersei verde claro fai unha viravolta nunha alfombra de ximnasia pregable PLUFSIG azul.

Os nenos teñen o centro de gravidade máis alto en comparación cos adultos, por iso é máis difícil manter o equilibrio.

En que fixarse para que xogar sexa máis seguro

Imaxina que volves á túa infancia, con moita curiosidade a ganas de aventuras. Agora, con esta perspectiva, fai un percorrido polo teu fogar para ver onde poderían ocorrer contratempos.

Fixar os mobles á parede é primordial

  • Os mobles de almacenaxe e os televisores, debido ao seu tamaño, teñen moitísimo peso, por iso insistimos moito en que deben fixarse á parede para evitar que envorquen.
  • Garda os obxectos máis pesados máis abaixo para mellorar a estabilidade dos módulos de almacenaxe.
  • Se os teus fillos e fillas son escaladores, garda os seus xoguetes na parte máis baixa, para evitar tentacións.
  • Se o acceso ás fiestras é relativamente sinxelo, os máis pequenos poden chegar a elas en calquera descoido. Como é imposible vixialos as 24 horas, coloca peches de seguridade UNDVIKA para non levar sustos.
  • Aos nenos e nenas encántalles ir a calquera sitio correndo, mesmo dentro do fogar. É aconsellable utilizar protectores de esquina UNDVIKA ou PATRULL nas mesas baixas por se hai un esvarón.
  • Tamén se pode colocar un protector antiescorregante STOPP FILT para que as alfombras non se movan ao pasar por enriba e reforzar o efecto con calcetíns antiescorregantes DRÖMVÄRLD.

É mellor non deixar nada polo medio

  • Os bebés e os nenos exploran coa boca; mantén os obxectos pequenos fóra do seu alcance para evitar que os traguen.
  • Aos nenos e nenas encántalles xogar cos xoguetes dos seus irmáns maiores; afaite a comprobar que eses xoguetes non teñan pezas pequenas.
  • As pilas son necesarias para que funcionen os xoguetes, pero unha vez gastadas, é mellor desbotalas nun punto especializado para evitar que os máis pequenos entren en contacto cos seus compostos.
  • Algunhas plantas de interior son tóxicas e os testos poden conter pequenas pedras ou outros riscos de atragoarse, de modo que é mellor mantelas fóra do seu alcance.
  • Os tiradores dos estores teñen certo risco, xa que están pendurados ao longo da parede. Podes fixalos á parede ou escoller estores cos tiradores ocultos.
  • Os cables de alimentación non só quedan feos á vista, senón que supoñen un risco evidente se os pequerrechos xogan cerca deles. Mantenos fóra do seu alcance cos organizadores de cables KALKSTUFF, a organizadora de cables con tapa SÄTTING ou o recollecables RABALDER.
Á beira dunha fiestra, unha persoa adulta observa como unha nena cunha camiseta rosa tenta alcanzar a asa dun estor enrolado SANDVEDEL beixe.

Os estores IKEA teñen os tiradores ocultos dentro, de modo que hai menos risco de enredarse.