Saltar

A seguridade infantil na cociña

Na cociña podemos crear cos nosos fillos e fillas algunhas das lembranzas máis ditosas, como cociñar xuntos, enfornar galletas que lles encantan ou preparar madalenas e biscoitos. Pero ademais das medidas de seguridade evidentes, podemos ter en conta un par de cousas máis para que todo saia ben.

Unha persoa adulta observa a un neno nunha mesa PINNTORP en marrón claro mentres come masa para un pastel de chocolate dun cunco verde cunha espátula.
Unha persoa adulta observa a un neno nunha mesa PINNTORP en marrón claro mentres come masa para un pastel de chocolate dun cunco verde cunha espátula.

Como pensar na seguridade infantil na cociña

Na cociña hai moitos estímulos, sons e cheiros que poden resultar fascinantes para os máis pequenos. A cuestión é que non sempre podes estar pendente deles porque, normalmente, xa tes as mans ocupadas. Por iso, manter os posibles perigos fóra do seu alcance ou ben gardados é a clave para a seguridade xeral na cociña.

A medida que medran, adoitan querer participar máis nas actividades dos maiores. Con algúns produtos sinxelos e as precaucións básicas, podes empezar a deixar que axuden a preparar a comida, e de paso, aprenderán máis cousas sobre as tarefas do fogar.

Nunha mesa branca, unha persoa adulta sostén unha cunca FRIKOSTIG estampada e de cor branca e mais un bolo e, mentres tanto, un neno xoga con rotuladores e papel da serie MÅLA.

A pel dos nenos é moito máis fina que a das persoas adultas, por iso unha cunca morna pode estar quente para eles.

Características de seguridade dunha cociña apta para nenos

Cando hai nenos involucrados, o principal consello de seguridade na cociña é fixar todos os obxectos 

Consellos xerais de seguridade para a cociña

  • Como no resto do fogar, fixar os mobles á parede é esencial en termos de seguridade.
  • Asegúrate de que o forno teña un bloqueo de seguridade para nenos, como o noso novo forno MUTEBO, que ademais conta cunha cualificación enerxética A++ e axuda a aforrar enerxía.
  • Á hora de cociñar, é mellor utilizar os fogóns posteriores para que os pequerrechos non os toquen por accidente. Non obstante, podes colocar unha placa de indución MATMÄSSIG e esquecer este problema.
  • Podes colocar peches de seguridade UTRUSTA nos caixóns e nas portas para limitar o acceso aos coitelos e outros utensilios.
  • Se non podes gardar a lixivia e os produtos de limpeza nun lugar alto, sempre podes colocar peches de seguridade UNDVIKA para evitar que os pequerrechos científicos e científicas investiguen con novos compostos.
  • Tenta colocar as bolsas e outros elementos de plástico fóra do seu alcance, en caixóns con peches de seguridade ou armarios altos.

Consellos de seguridade á hora de comer

  • Se o teu bebé non se mantén sentado nunha cadeira, utiliza unha trona ANTILOP. Ao ter unha base ancha e estable, co seu cinto de seguridade, evitas calquera risco de que tente escapar e poida envorcar.
  • Tamén podes engadir unha bandexa ANTILOP á trona. Deste xeito, o bebé non poderá chegar á mesa e empurrar cos pés, e ademais, permíteche colocar nela a súa comida e que o pequerrecho empece a adquirir máis autonomía.
  • Os protectores de esquina UNDVIKA e PATRULL nas mesas evitarán croques non desexados en remates de cabeza involuntarios.
Unha persoa cun xersei beixe levanta a tapa dunha pota IKEA 365+ de aceiro inoxidable nunha placa de indución para remexer o contido.

Moitos incendios empezan na cociña, por iso unha alarma de fume, un extintor e unha manta ignífuga son vitais.