Consellos de seguridade para cando bañas e cambias ao teu bebé
Se acabas de ser pai ou nai, xa te decataches de que dedicas gran parte do teu tempo a cambiar cueiros e bañar ao teu cativo, ben polos seus cambios normais, porque lle (che) cae a baba, ou porque vomita leite ou porque tes tanto sono que nin sequera sabes onde colocas a mamadeira do biberón. E o mellor é que todo é algo marabilloso, non si? Non obstante, por moito sono que teñamos, é mellor ter en conta unha serie de recomendacións, sobre todo segundo vaia medrando e se mova máis.


Ten un ollo sempre posto no teu bebé
Mentres bañas ou cambias ao teu bebé, é un momento moi bonito, mais non deixa de entrañar certos riscos que podemos evitar facilmente.
Por suposto, o día a día está cheo de tarefas que esixen a túa atención, especialmente cando acabas de ser pai ou nai. Porén, se sempre vixías atentamente ao teu bebé, evitarás calquera posibilidade de accidente, algúns deles mesmo graves.
En cambio, cada vez que o bañes e o cambies poderás gozar de momentos de relación profunda que che deixarán unha sensación relaxada, gratificante e segura.

Os bebés non poden sacar a cabeza da auga da bañeira por si sós. Por iso, a supervisión constante é vital.
Máis tranquilidade ao cambiar e bañar ao teu bebé
As rutinas diarias de coidado dun bebé poden resultar moi sinxelas e cómodas se lembras algúns puntos básicos.
Consellos de seguridade para cambiar a un bebé
- Se utilizas un cambiador, garda o material preto para que sempre poidas deixar unha man sobre o bebé mentres está nel. Os cambiadores IKEA teñen todos unha bandexa ou compartimentos para que poidas deixar todo no mesmo sitio.
- Os bebés, canto máis medran, máis se moven e retorcen durante o cambio de cueiros, así que non os deixes nunca sen vixiar e, se é posible, mantén unha man sempre sobre el ou ela.
- Podes colocar o cambiador de forma que un dos seus lados máis curtos estea contra a parede ou contra outro moble e protéxeo cun coxín ou algo moliño. Coloca sempre a cabeza cara ese lado, de xeito que se o bebé empurra coas pernas (que o fará), non caia ao chan ou choque coa cabeciña.
- A nosa funda para cambiador VÄDRA é moi cómodo e quedará encaixado no cambiador, o que evitará por completo que se mova. Pero se o vas empregar noutra superficie lisa, aínda que ten os bordos elevados para que o bebé non se saia, cómpre colocar unha base antiescorregante STOPP para que non se mova.
- As varandas do cambiador poden axudar, mais non evitarán calquera caída ao cambiar o cueiro do bebé.
Consellos de seguridade para bañar a un bebé
- A supervisión constante é vital, xa que os bebés non poden levantarse facilmente se escorregan ou caen e poden quedar baixo a auga rapidamente. A nosa bañeira LÄTTSAM conta con bandas antiescorregantes, mais iso só é unha axuda máis á nosa supervisión.
- Unha alfombra para bañeira PATRULL pode reducir o risco de escorregar e ademais daralle un toque divertido á túa bañeira.
- A auga da bañeira debe estar á temperatura do corpo ou unha inferior, xa que os bebés teñen unha pel máis fina e sensible, polo que para eles pode estar demasiado quente aínda que a percibamos como "morna".
- Sempre que sexa posible, coloca as menciñas, cosméticos, produtos de limpeza e outras substancias tóxicas en armarios altos, fóra do alcance dos máis pequenos. Se non é posible, tamén podes usar peches de seguridade UNDVIKA e UTRUSTA para evitar que abran os caixóns e armarios.

O padal dos nenos non está moi desenvolvido e poden non distinguir algo saboroso de algo tóxico.