Saltar

Como organizar o patio e elixir mobles para exteriores

Ao organizar o teu espazo ao aire libre, crea distintas zonas segundo os teus plans e necesidades: relaxarte, comer, compartir... Elixe mobles versátiles que se adapten con facilidade, e verás como todo flúe, xa sexa para unha comida tranquila ou para unha reunión improvisada.

Un patio cun sofá modular para exteriores en marrón claro con coxíns beixes e unha mesa para exteriores en marrón claro cunha cadeira reclinable.

Define unha zona de comedor clara

Un parasol na zona do comedor transmite un fermoso acabado ao conxunto. Naturalmente, tamén ofrece unha agradable sombra cando fai sol, aínda que tes a posibilidade tamén de deixalo aberto despois da atardecida para creares un ambiente acolledor.

Velaquí todos os parasois e bases
Unha mesa para exteriores de cor marrón claro e seis cadeiras reclinables con coxíns para o respaldo/asento en beixe e un parasol colgante HÖGÖN branco.
Velaquí todos os parasois e bases

As cadeiras non só serven para sentar durante a comida

Os mobles multiúsos son sempre unha boa opción para o teu espazo ao aire libre, xa que permiten facer máis dunha actividade. Esta cadeira reclinable é perfecta para comer, folgar ou tomar o sol. E como se pode dobrar, tamén resulta moi fácil de gardar.

Velaquí todas as cadeiras para exteriores
Unha persoa diante dunha cadeira reclinable NÄMMARÖ para exteriores, de cor marrón e co coxín para o respaldo/asento en beixe, ao lado dun banco para exteriores.
Velaquí todas as cadeiras para exteriores

Plantas como separadores de espazos

As plantas altas en testos grandes son ideais para dividir o patio en zonas cunha separación clara. Isto permite realizar facilmente varias actividades á vez, por exemplo, cando queiras facer unha festa. Ademais, as plantas tamén axudar a crear un ambiente agradable.

Velaquí todos os testos para exteriores
Unha ringleira de catro testos RÅGKORN en gris escuro e beixe con plantas grandes que separan a zona de descanso e a parte de comedor dun patio.
Velaquí todos os testos para exteriores

Zona de descanso personalizada

Organiza e reorganiza os mobles para o teu patio quedar perfecto. Estes módulos de sofá para exteriores permiten crear un sofá coa forma e o tamaño que queiras, ou usalos como butacas independentes. Quita o respaldo e terás un repousapés. Quita o coxín e terás unha mesa auxiliar.

Velaquí a serie NÄMMARÖ
Seis módulos NÄMMARÖ para exteriores, en marrón claro, forman un sofá de esquina e unha mesa auxiliar. Tamén hai varios coxíns.
Velaquí a serie NÄMMARÖ

Non pode faltar un banco

Un banco sempre queda ben nun espazo ao aire libre. É perfecto cando necesitas máis asentos para os convidados. Ata entón podes utilizalo para colocar plantas e gardar cousas debaixo e así non quedar á vista.

Velaquí todos os bancos para exteriores
Un banco para exteriores NÄMMARÖ marrón claro con varias plantas enriba e ao lado. Tamén hai testos amoreados e unha cesta.
Velaquí todos os bancos para exteriores