Saltar

As nosas vidas son mellores coas pilas recargables

Dende xoguetes ata luces no interior do armario, as pilas facilitan a vida de todo o mundo. Coas pilas recargables LADDA, sempre terás pilas prontas para usar na casa.

Distintas grilandas de luces LED SOLVINDEN acesas penduradas nun balcón fronte a unha fiestra pola noite.
Distintas grilandas de luces LED SOLVINDEN acesas penduradas nun balcón fronte a unha fiestra pola noite.

Un xoguete agarimoso que se converte nunha luz nocturna

Probado seguindo as normas de seguridade máis estritas do mundo, esta peluche PEKHULT ten unha lámpada LED a pilas que se ilumina para espantar os monstros nocturnos cando os nenos lle premen a barriga. Coas pilas recargables LADDA, terás pilas prontas para usar na casa para asegurarte de que nunca deixe de brillar.

Velaquí todas as lámpadas infantís
Un home lelle un libro infantil a un neno sentado no sofá xunto a unha peluche PEKHULT con LED nocturno.
Velaquí todas as lámpadas infantís

Música onde queiras

Ti e mais os teus amigos ou a túa familia poderedes gozar de música onde queirades co altofalante Bluetooth portátil ENEBY. Grazas pilas recargables LADDA poderedes escoitar música durante horas sen preocuparvos de mercar unhas novas.

Velaquí todas as pilas e os cargadores
Cargador STENKOL con tres pilas recargables LADDA nun enchufe de parede xunto a unha mesiña GLADOM.
Botella de auga IKEA 365+ xunto a un altofalante Bluetooth portátil ENEBY e unha tolla para convidados VIKFJÄRD rosa clara.
Velaquí todas as pilas e os cargadores

Iluminación acolledora para as noites ao aire libre

A iluminación a pilas homologada para utilizala en exteriores é perfecta para dar ao teu balcón ou xardín un aire acolledor. Podes colocala onde queiras porque non é necesario enchufala. Ademais, coas pilas recargables LADDA poderás gozar de todas as ocasións porque non terás que ir á tenda a mercar unhas novas.

Velaquí toda a iluminación para exteriores
Grilanda LED LEDLJUS con luces acesas fixada a algunhas barras de metal con pinzas para a roupa TORKIS.
Velaquí toda a iluminación para exteriores

Asegúrate de que non pare a diversión

Se tes nenos, o máis probable é que gastes un feixe de pilas porque ás veces esquecen apagar os xoguetes cando xa non están a xogar con eles. Por iso, é interesante saber que coas pilas recargables LADDA terás sempre pilas prontas para usar, para que a diversión non pare nunca.

Velaquí todos os xoguetes de madeira
Diorama dunha vila feita co xogo de tren básico LILLABO de 20 pezas e maquetas de árbores e edificios.
Velaquí todos os xoguetes de madeira

Iluminación para que poidas atopar as túas cousas

Atopar as cousas no interior dun armario é máis rápido se está iluminado. A iluminación integrada a pilas é máis sinxela de instalar, non é necesario conectala a un enchufe e non hai cables de por medio. Ademais, coas pilas recargables LADDA sempre terás pilas prontas para utilizar.

Velaquí toda a iluminación integrada
Unha tira de iluminación LED de armario STÖTTA ilumina o interior dun armario con botellas e tarros con artigos de aseo.
Velaquí toda a iluminación integrada

IKEA pásase ás pilas recargables: queres unirte?