Saltar

Decora o teu balcón sen gastar demasiado

Gustaríache crear un oasis ao aire libre nun balcón pequeno? Dámosche ideas sinxelas e económicas para conseguir un toque persoal e bonito no teu espazo exterior. 

A light brown stained acacia ASKHOLMEN table and foldable chair face the view in a balcony with plants and natural materials.

Cadeiras perfectas para espazos reducidos

Procura cadeiras de exterior cómodas, engade coxíns e átaos para que non caian. Os estampados e as cores dan un toque máis animado. Para aforrar espazo, é moi útil contar con cadeiras pregables que se poidan gardar cando non se usen.

Velaquí todos os conxuntos de balcón
Un coxín para cadeira de exterior KLÖSAN azul con motivos florais atado a unha cadeira pregable de metal azul nun balcón cheo de plantas.
Velaquí todos os conxuntos de balcón

Unha cesta. Moitas funcións

A chave é aproveitar o espazo, e para iso os elementos de almacenaxe cobran importancia. Mete nunha cesta as túas mantas e os teus coxíns favoritos. Se podes, mestura cores, texturas e estampados. Goza do teu momento de relaxación. 

Velaquí todas as cestas
Unha man levantando unha cesta de ratán SNIDAD por unha das asas. Na cesta, hai coxíns e mantas para uso temporal nun balcón.
Velaquí todas as cestas

O chan tamén importa

Nun balcón, descansar os pés sobre unha superficie cómoda é case tan importante como as vistas. Unha alfombra plana de exterior achega estilo, crea unha escena relaxada, axuda a delimitar unha zona e non require moitos coidados.

Velaquí todas as alfombras de exterior
Vista superior dunha alfombra plana mediana para interior/exterior LYDERSHOLM en marrón medio colocada debaixo de mobles de acacia sobre un chan de exterior.
Velaquí todas as alfombras de exterior

O poder das plantas

Usa plantas frondosas para crear unha escena natural. Resalta a vexetación con soportes para testos que combinen. As plantas artificiais de parede e pé disimulan os recantos menos vistosos. Combínaas en diferentes tamaños e tons para conseguir un resultado espectacular.

Velaquí todos os testos e plantas
Unha pantalla de privacidade nun balcón con plantas artificiais de parede de interior/exterior FEJKA verdes e lilas, que se ve parcialmente detrás do estante.
Un soporte para testos de interior/exterior RÅGKORN en gris escuro e beixe cunha planta artificial nun balcón cheo de vexetación a carón dunha varanda de vidro e metal.
Velaquí todos os testos e plantas

Unha luz agradable e discreta

Á parte da luz do sol, a lúa ou a rúa, podes engadir máis iluminación ao teu balcón para crear a escena axeitada. A maioría das luces de exterior non precisan enchufes nin cables, polo que poderás decoralo como queiras (ou case!).

  • Pendura lámpadas de teito de exterior de diferentes tamaños como se fosen pequenas nubes de luz.
  • Envolve a varanda ou varias plantas resistentes con grilandas de luces LED de exterior.
  • Copia o teu método de iluminación de interior cunha lámpada de mesa ou de pé de exterior (que non necesite electricidade).
  • Coloca candeas LED en farois para crear unha escena festiva ou romántica.

Velaquí toda a iluminación de exterior
Catro lámpadas de teito con forma de globo SOLVINDEN, con pantallas brancas e luz cálida, pendurando do teito dun balcón enriba de varias plantas.
Velaquí toda a iluminación de exterior

Controla a banda sonora

A lámpada con altofalante Bluetooth VAPPEBY ofrece un son envolvente a 360 graos e unha luz práctica e agradable, polo que é perfecta para escoitar a túa música favorita. Ademais, é resistente á auga e ten unha batería recargable integrada para levala a onde queiras, fóra ou dentro, sen necesidade de cables.

Velaquí todos os altofalantes
Un balcón con moitas plantas, e mais cadeiras e mesas pequenas. Enriba das mesas hai unha lámpada con altofalante Bluetooth de exterior VAPPEBY azul, pratos e un soporte para tortas.
Velaquí todos os altofalantes