Saltar

Como crear unha xungla no teu fogar

Soñas cun xardín segredo no que poidas desconectar e cargar as pilas a diario? Non importa o tamaño do teu fogar: crear un oasis verde e tropical é un proxecto gratificante e factible. Mergúllate na nosa guía paso a paso e empeza a crear unha xungla dentro do teu fogar hoxe mesmo.

Unha terraza interior frondosa con moitas plantas verdes, unha cadeira de brazos de exterior de 2 prazas TALLSKÄR e unha cadeira de brazos de exterior SKARPÖ beixe.
Unha terraza interior frondosa con moitas plantas verdes, unha cadeira de brazos de exterior de 2 prazas TALLSKÄR e unha cadeira de brazos de exterior SKARPÖ beixe.

1. Escolle un recuncho, unha fiestra o unha parede para as plantas (ou toda a estancia)

Primeiro, escolle un sitio con moita luz natural (a poder ser, indirecta) para a túa xungla en casa. Despois, busca pedestais, mesas pequenas e tallos, e colócaos onde mellor queden. Pór testos a diferentes alturas e en soportes para plantas dálle vida e exuberancia a calquera estancia, e converte un recuncho pequeno nun espazo natural. Se de verdade te apaixonan as plantas, que te parece rodear de testos unha fiestra grande ou repartilas por toda unha habitación?

Velaquí todos os soportes e xardineiras con rodas
Unha terraza interior con varias plantas en testos PERSILLADE de cor gris escura en soportes para plantas interiores/exteriores OLIVBLAD negros.
Velaquí todos os soportes e xardineiras con rodas

2. Escolle as túas plantas e pensa onde poñelas

Para crear un oasis persoal e animado, escolle plantas de todos os tipos e tamaños. Compra plantas novas, pide escallos a familiares e amigos, adquire sementes para cultivar froitas ou propaga as túas. É máis doado do que semella! Cada planta achega un toque único e ten a súa propia historia. As plantas artificiais son ideais para lugares aos que é difícil acceder para regar e para espazos con moita ou pouca luz solar. Se apenas tes luz natural, podes considerar incorporar luz artificial.

Velaquí todas as flores e plantas artificiais
Dous soportes para testos colgantes de interior/exterior PÄRLRÖNN negros con plantas artificiais colgantes de interior/exterior FEJKA nunha fiestra grande.
Velaquí todas as flores e plantas artificiais

3. Pon as túas plantas nunha estancia con espazo para que medren

Dálles soportes para testos amplos ás túas plantas e régaas ben despois de transplantalas. Despois, ponas onde creas que poden medrar, pero deixa aberta a posibilidade de cambialas de sitio se non o fan. Este estante KOLBJÖRN, resistente e funcional, permíteche presumir de plantas e dáche espazo para agochar as ferramentas de xardinería.

Velaquí toda a almacenaxe exterior
Unha esquina dunha terraza interior acolledora con dous estantes KOLBJÖRN cun armario en beixe e varios testos dentro e ao seu redor.
Un conxunto de cultivo VATTENKRASSE en cor marfil e dourada con pequenas plantas en testos de vidro transparente.
Velaquí toda a almacenaxe exterior

4. Coida as túas plantas e elas devolveranche o favor

Ao regalas, tómate un minuto para arranxalas, quitarlles as follas secas e comprobar se hai algunha praga. Se as follas se dobran cara abaixo, pulverízaas de cando en vez ou cambia a planta de sitio a ver se mellora. Cóidaas e converteranse nas túas mellores compañeiras de piso, que encherán o teu fogar de vida e alegría.

Velaquí todos os accesorios de xardinaría
Un brazo suxeitando un pulverizador para plantas TOMAT branco e pulverizando auga sobre unhas plantas nun soporte para plantas de interior/exterior OLIVBLAD negro.
Velaquí todos os accesorios de xardinaría

5. Escolle mobles para o teu novo recuncho favorito

Senta, reláxate e goza do que lograches. Ao engadir asentos cómodos, algún sitio para pór unha cunca de té e plantas novas de cando en vez, a túa xungla interior converterase nun espazo cheo de vida, dinámico e en constante cambio, unha especie de refuxio no que desconectar e cargar as pilas a diario.

Velaquí todos os asentos de exterior
Unha terraza interior con plantas verdes e un sofá de exterior de 2 prazas TALLSKÄR cunha mesa auxiliar e unha mesa de centro KROKHOLMEN no medio.
Velaquí todos os asentos de exterior