Saltar

Un xardín encantador con mobles modernos e flexibles para exteriores

Os días longos de verán invitan a pasar máis tempo fóra. Estes mobles de exterior, cun estilo moderno e escandinavo, permítenche gozar comodamente do aire fresco, sexa cal sexa o tamaño do teu xardín. Cun conxunto de comedor multifuncional e doado de axustar para levar a cabo diferentes actividades, mais un xogo de pícnic portátil, podes estar fóra tanto tempo como desexes.

Unha mesa TORPARÖ branca e dúas cadeiras TORPARÖ nun xardín asollado con arbustos en flor.
Unha mesa TORPARÖ branca e dúas cadeiras TORPARÖ nun xardín asollado con arbustos en flor.

Crea o lenzo perfecto para o xardín con mobles sinxelos e doados de mover

Comeza a crear o teu xardín ideal empezando por un conxunto de comedor sinxelo e neutral, de deseño pregable e lixeiro. Ao ser doado de mover, podes instalalo onde o precises. A cor beixe e o deseño minimalista achegan unha expresión diáfana ao espazo.

Velaquí a serie TORPARÖ
Un xardín florido con dúas cadeiras TORPARÖ e unha mesa TORPARÖ posta con bebidas rosas, floreiros e un prato con ensalada.
Velaquí a serie TORPARÖ

Fai florecer a túa creatividade

Con esta mesa robusta, lixeira e doada de limpar, e unha cadeira de exterior cómoda, podes crear o espazo perfecto para dedicar tempo ás túas afeccións.

Velaquí todas as cadeiras de xardín
Unha xerra IKEA 365+ cunha bebida rosa dentro, un vaso coa mesma bebida, pinceis MÅLA e flores sobre unha mesa.
Unha cadeira de brazos de exterior TORPARÖ á beira dunha mesa con pinceis e un cabalete cun cadro de flores. Detrás, un arbusto en flor.
Velaquí todas as cadeiras de xardín

Fika para levar

En Suecia emprégase o termo fika para facer referencia á pausa do café, un momento perfecto para relaxarse, beber e picar algo. Goza da fika ao aire libre con cubertos prácticos e sinxelos feitos de vidro e metal. Prepara o teu propio pícnic escandinavo!

Velaquí todos os produtos para ir de pícnic e levar
Unha mesa TORPARÖ nun xardín con flores. Enriba, aperitivos, cuncas, unha botella de auga e un termo.
Velaquí todos os produtos para ir de pícnic e levar

Achega un toque de suavidade cos tecidos

Decora o xardín con coxíns e demais téxtiles para crear unha atmosfera acolledora nun instante. Outro consello: usa unha cor que resalte (neste caso, o verde) para achegar dinamismo e movemento aos tons neutros.

Velaquí todos os coxíns de exterior
Unha persoa transporta unha cadeira TORPARÖ pregada e dous coxíns verdes nun xardín con flores.
Velaquí todos os coxíns de exterior

Decora con luz e son

A decoración non depende unicamente dos mobles. E se animas o ambiente a través de luces e sons? Cunhas grilandas de luces e unha lámpada altofalante, terás xusto o que precisas para crear unha atmosfera cálida e acolledora.

Velaquí toda a iluminación para exteriores
Sobre unha mesa, unha lámpada altofalante con Bluetooth VAPPEBY á beira dunha bandexa para servir con dúas copas de viño e aperitivos.
Unha grilanda de luces LED SVARTRÅ acendida pendurada ao longo dun xardín exuberante. Debaixo, unha mesa TORPARÖ branca.
Velaquí toda a iluminación para exteriores

Recrea o ambiente peza por peza

Apetéceche redecorar o teu propio espazo ao aire libre? Aquí atoparás todos os produtos e accesorios que precisas para recrear o estilo.

Velaquí todos os mobles para exteriores
Velaquí todos os mobles para exteriores

Velaquí máis xardíns, balcóns e patios nos que inspirarte