Saltar

Un pequeno balcón urbano convertido nun refuxio moderno

Se che parece que estás a desaproveitar o potencial do teu balcón, bótalle unha ollada a esta solución intelixente que che permitirá renovalo para convertelo nun espazo versátil e moderno. A interesante mestura de estruturas metálicas e listóns de madeira permite darlle distintos usos e axudarache a ver o teu balcón dun xeito totalmente novo.

Un balcón, visto desde unha sala de estar, cunha mesa de comedor FURUÖN con 2 cadeiras e 2 tallos con coxíns coloridos.
Un balcón, visto desde unha sala de estar, cunha mesa de comedor FURUÖN con 2 cadeiras e 2 tallos con coxíns coloridos.

Se este balcón puidese falar…

… diríache que sentases a comer algo fóra, cos pés no alto e quizais cunha candea acesa, e que te relaxases na túa pequena xungla. Sorprenderíache todo o que podes facer nun espazo tan pequeno. E no solpor, poderás manter a mesma comodidade cunha combinación de lámpadas colgantes e grilandas luminosas LED.

Velaquí toda a iluminación para exteriores
Unha mesa de comedor FURUÖN vista desde arriba cunha cesta RISATORP, un farol para candea ENRUM, unha botella e dous vasos.
Un balcón cun tallo e unha cadeira FURUÖN en primeiro plano e un estante HYLLIS de fondo.
Velaquí toda a iluminación para exteriores

Todo cambia, mesmo os mobles do balcón

Primeiro tes unha mesa, dúas cadeiras e dous tallos que podes usar para comer ao aire libre, ler ou escoitar música. Xusto despois, atópaste ante unha solución compacta con moito espazo para as túas plantas. É o tipo de maxia que máis nos gusta.

Unha mesa de comedor FURUÖN con 2 cadeiras e 2 tallos. Un dos tallos móvese para adiante e atrás mentres cambian os obxectos da mesa.

Espazo de almacenaxe, xardín vertical e moito máis

Mesmo unha parede pequena pódese converter no teu recuncho favorito do balcón. Usa un estante resistente e lixeiro para poñer as plantas e gardar os soportes para testos que che sobren. Sempre que comas fóra terás herbas frescas á man. Iso si, deixa que algunhas plantas sigan crecendo dentro do invernadoiro.

Velaquí toda a almacenaxe exterior
Un estante HYLLIS con varias caixas, unha regadeira IKEA PS 2002 e unha planta. Á beira hai un invernadoiro ÅKERBÄR.
Detalle dun estante HYLLIS con varias caixas SOCKERBIT con tapa e testos. Enriba hai unha planta e un pulverizador para plantas TOMAT.
Velaquí toda a almacenaxe exterior

Unha solución intelixente e versátil para un balcón pequeno

Este versátil conxunto de mesa, cadeiras e tallos pódese adaptar a diversos usos e espazos. Combina o seu deseño moderno en madeira e metal con varias plantas, unha iluminación acolledora e música para empezar a transmitir boas vibracións.

Velaquí todos os conxuntos de bistró
Un balcón con paredes rosas cunha mesa de comedor FURUÖN con 2 cadeiras e 2 tallos, estantes e un invernadoiro.
Velaquí todos os conxuntos de bistró