Saltar

Un espazo exterior tradicional cunha cociña completa e moderna

Deveces por pasar máis tempo ao aire libre facendo as cousas que máis che gustan? Non digas máis. Esta ideal solución de exterior inclúe tres áreas diferentes onde poderás cociñar, comer e descansar sen ter que estar a entrar e saír para coller cousas. De feito, pode que mesmo te esquezas do resto da casa.

Un espazo exterior cunha mesa BONDHOLMEN branca/beixe e varios módulos BÅTSKÄR en gris escuro, incluída unha grella de carbón.
Un espazo exterior cunha mesa BONDHOLMEN branca/beixe e varios módulos BÅTSKÄR en gris escuro, incluída unha grella de carbón.

O paraíso exterior de calquera chef

Non é só unha grella. Esta cociña exterior, totalmente equipada e de alta calidade, leva o aspecto e a funcionalidade dunha cociña de interior ao aire libre. Conta con módulos de almacenaxe e andeis, mesados, un vertedoiro, unha mesa alta e, por suposto, unha grella de carbón onde poñer a proba as túas habilidades.

Velaquí a serie BÅTSKÄR
Unha parede de exterior cun módulo adicional BÅTSKÄR con andeis enriba dunha grella de carbón BÅTSKÄR e unha unidade para vertedoiro en gris escuro.
Unha grella de carbón BÅTSKÄR con varios alimentos nela e verduras no mesado nunha bandexa para servir GRILLTIDER.
Velaquí a serie BÅTSKÄR

Ás veces, son esas pequenas cousas

A comida está lista e recende tan ben que mesmo aos veciños lles dá fame. Nesta cociña podes gardar e alcanzar facilmente todo o que precisas para cociñar e servir a comida no exterior. Contar cun conxunto fiable de utensilios e artigos de vaixela é fundamental para organizar reunións ao aire libre: desde bandexas de aceiro inoxidable ata cuncos para salsas.

Velaquí a serie GRILLTIDER
Vista superior dunha persoa sazonando verduras en espetadas GRILLTIDER baixo un módulo adicional BÅTSKÄR con andeis.
Detalle dunha man suxeitando unha brocha de grella GRILLTIDER enriba dun cunco GRILLTIDER de aceiro inoxidable con aderezos.
Unha táboa de cortar ARTISTISK sobre un mesado con varias cestas GRILLTIDER e cuncos GRILLTIDER para salsas.
Un módulo BÅTSKÄR en gris escuro coas portas abertas e varios pratos, bandexas, utensilios de grella e cuncos GRILLTIDER dentro.
Detalle dunha persoa cunha luva para forno GRILLTIDER e un mandil GRILLTIDER postos, suxeitando unha bandexa con varias verduras.
Velaquí a serie GRILLTIDER

Como dominar a grella

Elixe os utensilios idóneos para a túa grella e mellora as túas habilidades con ela para organizar unha festa perfecta ao aire libre.

Vémonos baixo a pérgola

Creamos unha zona de recepción onde os teus convidados e ti podedes comer e descansar. A mesa grande e as cómodas cadeiras resaltan o estilo tradicional, mentres que a ampla pérgola dálle un estilo atemporal. A lámpada de mesa regulable e as grilandas luminosas van á perfección co ambiente acolledor.

Velaquí todos os parasois e ceadores
Un espazo exterior cunha mesa con comida e varias cadeiras baixo unha pérgola HAMMARÖN en beixe agrisado/beixe agrisado escuro.
Detalle dunha mesa de exterior BONDHOLMEN con varios pratos, vasos e unha lámpada de mesa LED STORHAGA negra.
Velaquí todos os parasois e ceadores

Pasemos á festa posterior

Este agradable recuncho para pasar o tempo cun sofá e cadeiras de brazos ofrece un aspecto suave que prepara o ambiente para un momento de conversacións e risas despois da cea. Para ofrecer unha maior comodidade, non esquezas os coxíns e mantas; se cambia o tempo, sempre podes metelos nunha caixa de almacenaxe para exteriores.

Velaquí todos os coxíns para exteriores
Un recuncho de exterior cun sofá de 2 prazas BONDHOLMEN, dúas cadeiras reclinables BONDHOLMEN e unha mesa de centro FÅLSKÄR sobre unha alfombra branca.
Unha caixa de almacenaxe de exterior VÄTTERSÖ coa cremalleira parcialmente aberta. Dentro hai varios coxíns de respaldo FRÖSÖN/DUVHOLMEN en beixe.
Velaquí todos os coxíns para exteriores

Unha solución única para aproveitar o espazo exterior ao máximo

Este amplo xardín é o lugar perfecto para gozar de deliciosas ceas e reunións durante todo o ano. A cociña exterior modular e funcional, con moito espazo de almacenaxe, compleméntase co estilo máis suave e tradicional dos mobles da zona de comedor e sala de estar. Como un fogar fóra do teu fogar.

Velaquí todos os accesorios e cociñas de exterior
Un espazo exterior cunha cociña BÅTSKÄR: unha grella de carbón, unha unidade para vertedoiro, unha unidade de cociña pechada e un módulo adicional con andeis.
Velaquí todos os accesorios e cociñas de exterior