Saltar

Un espazo exterior de inspiración escandinava co que gozar da tempada

Inspírate e aproveita ao máximo os días de sol. Esta solución a xogo presenta un estilo sinxelo e tradicional con mobles duradeiros e económicos cos que gozarás máis (e mellor) do tempo que pases ao aire libre. Abrimos a porta?

Un espazo exterior rodeado de vexetación. Un chan de baldosas con catro cadeiras ASKHOLMEN con repousabrazos e unha mesa.
Un espazo exterior rodeado de vexetación. Un chan de baldosas con catro cadeiras ASKHOLMEN con repousabrazos e unha mesa.

Reconsidera o teu espazo exterior

Acabou a hibernación: as altas temperaturas xa están aquí. Hora de sacar os mobles de exterior que tes encartados, cubertos e gardados. Empeza o ritual de transformar o patio nun espazo bonito e funcional no que relaxarte, cociñar, comer e xogar.

Velaquí todos os mobles de exterior
Unha persoa movendo dúas cadeiras ASKHOLMEN con repousabrazos amontoadas unha enriba doutra. Vese unha mesa de fondo.
Velaquí todos os mobles de exterior

O exterior é mellor

Celebra a nova tempada ao grande convertendo o teu espazo exterior nun lugar cómodo, acolledor e divertido. A mesa e as cadeiras con repousabrazos en acacia duradeira son ideais para numerosas actividades, mentres que o elegante parasol ofréceche un espazo máis fresco cando soben as temperaturas. Nos espazosos armarios podes gardar todo o que precisas para desatar a túa creatividade, tanto se son tixolas como lapis de cera.

Un patio cunha mesa ASKHOLMEN e catro cadeiras ASKHOLMEN con repousabrazos de acacia baixo un parasol con base HÖGÖN.
Dous armarios SUNDSÖ verdes colocados en paralelo con varias ferramentas de xardinaría e testos.
Detalle dunha luminaria para testo LED solar SOLVINDEN negro nun soporte para testo con varias herbas.
Un patio cunha grella de carbón GRILLSKÄR con 2 mesas auxiliares nun chan de baldosas e varios arbustos verdes de fondo.
Unha mesa infantil UTTER branca xunto a un tallo infantil MAMMUT amarelo, diante dun armario SUNDSÖ.

Espera o inesperado

As choivas estivais son moi comúns en Suecia, pero nunca nos amolan a diversión. "Non hai mal tempo, senón roupa inadecuada" é un proverbio escandinavo que tamén se aplica aos mobles. Unha funda impermeable fiable salvará o teu día e, cando a choiva pare, poderás retomar as túas actividades ao aire libre.

Velaquí todas as fundas para mobles de exterior
Un par de mans suxeitando unha funda para mobles TOSTERÖ cubrindo unha mesa ASKHOLMEN e unha cadeira ASKHOLMEN con repousabrazos.
Unha caixa de almacenaxe de exterior TOSTERÖ nun chan de baldosas. Hai unha esquina levantada e pódense ver varios coxíns de cadeira KUDDARNA no interior.
Velaquí todas as fundas para mobles de exterior

Un bo momento asegurado

Volveu saír o sol e todos andan esfameados. É hora de facer a comida! As cómodas cadeiras con repousabrazos e a duradeira mesa danlle un aire tradicional ás túas comidas ao aire libre. Boa temperatura, comida rica, excelente compañía. Será este o sabor da felicidade?

Velaquí toda a serie ASKHOLMEN
Recuncho dun patio cheo de vexetación cunha mesa ASKHOLMEN e catro cadeiras ASKHOLMEN con repousabrazos sobre unha alfombra.
Velaquí toda a serie ASKHOLMEN