Transforma o balcón no teu recanto favorito
Algo de almacenaxe, unha mesa con cadeiras pregables, algunha plantiña, algo de decoración..., e xa o tes. Ese espazo exterior ben aproveitado e cheo de encanto onde esquecer a trasfega diaria e tomar o sol.

Ata as cousas máis pequenas merecen o seu propio lugar
Libros, plantas ou outros elementos: organiza as cousas que che gustan e optimiza cada milímetro. Os espazosos estantes LÄCKÖ axudaranche a telo todo ordenado e ao alcance. Compleméntaos con tarros de vidro e caixas de diferentes cores e tamaños para que sexan máis atractivos á vista.

Orde tamén en altura
Cando os espazos son reducidos, a orde vertical é aínda máis importante para tirarlle todo o proveito á almacenaxe. Transforma un pequeno recuncho nun paraíso da organización cun armario KOLBJÖRN e fai que o teu balcón sexa funcional e teña personalidade.
Unha almacenaxe moi bohemia
Estas caixas de ratán de plástico decorativo BEKNA tecidas á man teñen un aspecto moi natural e son moi duradeiras, o que resulta ideal para as zonas húmidas, como os balcóns cubertos. Un clásico onde gardalo todo.

Clasificar os residuos pode ser moi agradable esteticamente
Separa o papel, o plástico e o vidro, e mantén todo ben organizado con estes pequenos e duradeiros accesorios que se poden gardar en calquera recuncho. Os caldeiros de clasificación SORTERA con tampa axilizan a xestión dos residuos sen perder un ápice de estética.
Crea o teu propio solpor
Cando o sol comeza a esvaecerse no horizonte, estas encantadoras lámpadas de teito cobran vida cun ton rosado que transforma o teu balcón nun espazo máxico. A lámpada solar LED SOLVINDEN é lixeira e doada de pendurar.
Vive a vida no balcón
Sol, aire fresco e almorzo con vistas. Mesmo se o espazo é limitado, o conxunto de exterior TÄRNÖ axúdate a crear un recuncho cheo de calidez e vida. A mesa pódese despregar cando teñas fame, o que a fai cómoda e estable sen ocupar moito espazo.
Tendais pregables, solucións sinxelas
Un balcón asollado é o lugar perfecto para secar a roupa. Desprega o teu tendal JÄLL cando a lavadora termine e prégao cando todas as pezas estean secas. Así de sinxelo.