Saltar

Ideas sinxelas de deseño de xardíns para o teu balcón

Soñas cun pequeno xardín con flores, herbas aromáticas e as túas propias verduras, pero non sabes por onde empezar? Inspírate neste pequeno invernadoiro, os mobles de exterior pregables e as ideas de decoración de balcóns que che propomos, e empeza a planear a túa nova estancia favorita.

Un balcón con mobiliario de exterior SUNDSÖ en cores alegres, rodeado de plantas e dous armarios SUNDSÖ.
Un balcón con mobiliario de exterior SUNDSÖ en cores alegres, rodeado de plantas e dous armarios SUNDSÖ.

Crea un oasis verde sen apenas espazo

Sentes frustración por non dedicar máis tempo á túa paixón pola xardinería? Boas novas! Co pequeno invernadoiro ASPAREN, que aforra espazo, poderás pór os testos en vertical e gozar da marabillosa sensación de ter un xardín. Ao pechalo, a funda protexe as plantas da luz do sol, o vento e a choiva. Ao abrilo, a parede chea de plantas frescas infundirá dinamismo no teu espazo.

Velaquí todos os accesorios de exterior
A parede dun balcón cun invernadoiro ASPAREN pechado con catro andeis cheos de plantas en soportes para testos de arxila de diferentes tamaños.
A parede dun balcón cun invernadoiro ASPAREN branco e transparente, parcialmente aberto e cheo de plantas en testos.
Velaquí todos os accesorios de exterior

Os mobles versátiles danche espazo para o que máis che gusta

Converte o balcón nunha estancia acolledora para dedicarte ás túas actividades favoritas coas mesas e cadeiras de exterior SUNDSÖ pregables. Despois dunha deliciosa comida ao aire libre preparada coas túas propias verduras, só tes que retiralas e quitar a esteira de ioga, porte a bailar baixo as estrelas ou mergullarte no teu próximo proxecto de xardinaría.

Velaquí a serie SUNDSÖ
Un balcón cunha mesa de exterior SUNDSÖ, unha cadeira pregable SUNDSÖ en cor verde clara e plantas enriba de dous armarios SUNDSÖ.
Velaquí a serie SUNDSÖ

Un xardín en miniatura que estimula todos os teus sentidos

Converte o balcón nun xardín en miniatura e goza do suave aroma das flores e as herbas frescas a diario. O soporte para testo ASPAREN, o suficientemente estreito para caber en calquera espazo desaproveitado, farache sentir coma se estiveras en metade do campo sen saír da casa.

Velaquí todos os accesorios e soportes para testos de exterior
Un balcón cun soporte para testo de exterior ASPAREN verde con plantas. Unhas mans cortan plantas cun par de tesoiras de xardín BRYTBÖNA.
Velaquí todos os accesorios e soportes para testos de exterior

Todo á man, perfectamente organizado

Descubre a satisfacción de cultivar a túa propia comida e ten preto todo o que precisas para evitar estar todo o tempo entrando e saíndo. Estes armarios SUNDSÖ farán que o teu balcón pareza máis ordenador, ademais de protexer os teus coxíns de exterior e ferramentas de xardinaría. Tamén é moi útil como superficie adicional.

Velaquí toda a almacenaxe exterior
A parede dun balcón con dous armarios SUNDSÖ de cor azul escura con plantas, vasos e un termo TAGGÖGA de cor óso.
Dous botes KORKEN, un termo TAGGÖGA en cor óso, pexegos e unha táboa de cortar enriba dun armario SUNDSÖ en cor azul escura.
Velaquí toda a almacenaxe exterior

Comparte o teu novo recuncho favorito cos familiares e as amizades

Engade grilandas luminosas que acheguen calidez ao chegar a noite, plantas a ambos os lados da mesa e unha alfombra cómoda para que pareza que estás nunha habitación: xa tes un remanso de paz no balcón. E se vén algún convidado que non agardabas? Non hai problema. Grazas ás cadeiras de exterior SUNDSÖ, versátiles e pregables, sempre haberá sitio para alguén máis.

Velaquí todos os mobles de exterior
Vista dende arriba dun balcón cunha mesa e cadeiras de exterior SUNDSÖ de cores alegres baixo unha grilanda luminosa LED SVARTRÅ.
Velaquí todos os mobles de exterior