Saltar

Novas ideas para renovar o teu fogar con coxíns

Os coxíns con fundas permítenche engadir un elemento agradable e suave á vez que actualizas o teu fogar sen investir moito tempo, esforzo nin diñeiro. Ademais, gozarás da textura e aspecto dos distintos materiais, como o algodón e o liño procedentes de fontes sostibles. Aquí tes algunhas ideas para axudarte a sacar todo o proveito posible aos teus coxíns.

Coxíns en fundas KLARAFINA e MOAKAJSA sobre un banco STOCKSUND ao pé dunha cama con roupa de cama PUDERVIVA amarela.
Coxíns en fundas KLARAFINA e MOAKAJSA sobre un banco STOCKSUND ao pé dunha cama con roupa de cama PUDERVIVA amarela.

As texturas tamén contan

As cores non son o único elemento que causan impresión, senón tamén as texturas. Xuntar cores semellantes fará que ningunha destaque máis e dará protagonismo aos distintos materiais.

Velaquí todos os coxíns e as súas fundas
Velaquí todos os coxíns e as súas fundas

Máis coxíns; maior impacto

Unhas veces, menos é mais; outras, cantos máis coxíns maior é o efecto.

Velaquí todas as fundas de coxín
Velaquí todas as fundas de coxín

Mestura os deseños

Mestura distintos deseños e descubre que che gusta máis. As cores lisas axudan a crear sensación de calma, por se queres relaxarte. E por suposto, se utilizas os coxíns de interior fóra, lembra gardalos dentro antes de que chova.

Velaquí todos os coxíns e as súas fundas
Velaquí todos os coxíns e as súas fundas

Apostar por ton sobre ton?

Ton sobre ton significa usar diferentes tons da mesma cor. Podes usalo para conseguir unha estética relaxada, mais moderna.

Velaquí todas as fundas de coxín
Velaquí todas as fundas de coxín

Moi agradables e doados de cambiar

Podes dar unha sensación máis acolledora ao teu sofá utilizando coxíns. Cambiar o deseño é moi doado, ben para dar a benvida a unha nova estación, ben para simplemente cambiar os coxíns ou as fundas.

Velaquí todos os coxíns e as súas fundas
Velaquí todos os coxíns e as súas fundas

Devolve a vida ao teu sofá

Unha colcha e un par de coxíns ou fundas novos é todo o que precisas para dar unha nova vida ao teu sofá vello. Rápido, doado e económico!

Velaquí todas as colchas
Velaquí todas as colchas