Saltar

Mobles con dúas funcións que dan vida á túa sala de estar

Podes sacar máis proveito do que pensas da túa sala de estar, mesmo se non é moi grande. De feito, cadaquén pode ter o seu espazo para facer cousas xuntos ou sós. O truco está en dividir a sala en zonas, elixir mobles multifunción e, aínda que che sorprenda, separar os mobles das paredes.

Dúas mulleres sentadas, unha nunha cadeira de brazos STRANDMON beixe, cada unha a un lado dunha unidade de almacenaxe ELVARLI nunha grande e luminosa sala de estar.
Dúas mulleres sentadas, unha nunha cadeira de brazos STRANDMON beixe, cada unha a un lado dunha unidade de almacenaxe ELVARLI nunha grande e luminosa sala de estar.

Fai que a pantalla desapareza

Só porque teñas unha pantalla grande non tes por que convertela no centro de atención do cuarto, nin da parede. Se a rodeas de cadros, fundirase co fondo, ata que sexa o seu momento de brillar.

Velaquí todos os marcos
Unha TV de parede pendurada entre cadros sobre un moble para a televisión HAVSTA en branco fronte un sofá cama FRIHETEN beixe nunha sala de estar.
Velaquí todos os marcos

Un sofá para dividir o espazo

Un sofá colocado no medio da sala fronte a parede non só divide a estancia en zonas diferentes, senón que fornece un espazo fantástico para xogar ou ver películas.

Sala de estar en tons de branco, con dous adolescentes nun sofá cama de esquina FRIHETEN beixe xogando a videoxogos, con mandos na man.

Non mires agora, pero hai unha cama escondida no sofá

Cun sofá cama aproveitarás ao máximo a túa sala de estar, xa que podes sentar comodamente durante o día e durmir comodamente durante a noite. En canto o despregues e abras as sabas axiña has quedar groggy.

Velaquí todos os sofá camas
Sofá cama FRIHETEN beixe preparado para durmir, con roupa de cama ÄNGSLILJA branca e unha mesa de noite con almacenaxe KVISTBRO.
Velaquí todos os sofá camas

Divide e vencerás

Os estantes abertos proporcionan almacenaxe moi valiosa e un lugar para expoñeres os teus obxectos decorativos, mais non só iso, porque dividen o cuarto e ofrécenche privacidade.

Velaquí todos os divisores de cuartos
Sala de estar cunha unidade de almacenaxe divisoria de chan a teito ELVARLI branca e un sofá cama HEMNES branco ao longo.
Velaquí todos os divisores de cuartos

Perfecto para socializar e durmir

Pode que un sofá cama sexa un único moble, pero ten dúas funcións. É un lugar perfecto para sentar e relaxarse, xogar a xogos de mesa ou simplemente estar de leria. E cando as pálpebras empezan a pesar é perfecto para botar unha soneca ou mesmo para durmir toda a noite.

Sofá cama HEMNES branco con coxíns e téxtiles, unha mesa de almacenaxe KVISTBRO branca ao lado, nunha luminosa sala de estar.

A comodidade do teu recuncho

Cuns poucos obxectos simples, podes crear o lugar perfecto para gozares deses preciosos momentos para ti, aínda que esteas con máis xente. Non importa se estás a ler, a relaxarte ou a poñerte creativo, todo o que precisas é unha cadeira de brazos, un repousapés e unha mesa auxiliar. E se queres un extra de confort, por que non un coxín?

Velaquí todas as cadeiras de brazos e chaiselongues
Cadeira de brazos con orelleiras STRANDMON beixe con repousapés a xogo, mesa de almacenaxe KVISTBRO negra e lámpada de lectura a carón.
Velaquí todas as cadeiras de brazos e chaiselongues

Engade suavidade

Os coxíns e as mantas non só fan que pasar tempo na sala de estar sexa máis cómodo e acolledor, tamén son unha forma fantástica de remarcar o estilo. Discretos e lisos ou coloridos e rechamantes, ti decides.

Velaquí todos os téxtiles
Manta INGRUN branca desdobrada sobre un coxín VIDESPINNARE beixe e outros téxtiles sobre un sofá cama HEMNES branco.
Velaquí todos os téxtiles

Cambia o aspecto, cambia a función

Cando buscas sacar o máximo partido á túa sala de estar queres mobles e accesorios que se adapten ás túas necesidades sempre cambiantes. Como unha mesa extensible que medra cando é preciso e encolle cando non. Pero a adaptabilidade non está só limitada ao que pode facer o teu mobiliario: tamén é importante o aspecto. Os coxíns e as fundas de cadeiras son prácticos, cómodos e tamén se poden cambiar sempre que queiras darlle un aire novo á túa sala de estar.

Mesa de ás abatibles NORDEN branca rodeada de cadeiras BERGMUND beixe. Armario con portas de vidro HAVSTA branco a carón da parede.