Saltar

Mellora a intelixencia do teu fogar

Co sistema IKEA Home smart e outros produtos enxeñosos, podes facer que o teu fogar, ou só un cuarto, sexa o máis listo do quinteiro. Di ola aos produtos que te poden facer a vida diaria moito máis doada.

Nos estantes de parede que hai detrás do sofá hai un purificador de aire FÖRNUFTIG negro no medio de obras de arte en marcos e adornos.

Un purificador de aire crea unha casa máis intelixente e fresca

Respira profundamente un aire saudable. Cun purificador de aire FÖRNUFTIG, as substancias contaminantes procedentes do po, o pole e da cociña do teu fogar fíltranse con eficacia, o que mellora a calidade do aire que respiras.

Unha lectura en tempo real da calidade do aire

Agora que sabes o que pode facer un purificador de aire, pasa ao seguinte nivel cun sensor da calidade do aire. Ao detectar as partículas do aire, o sensor da calidade do aire VINDRIKTNING fornece unha indicación en tempo real no fogar e avisa dos problemas de calidade do aire en canto aparecen.

Sensor da calidade do aire VINDRIKTNING en branco ao lado dun testo branco CHIAFRÖN e adornos en armarios de parede.

Un control total da iluminación doméstica

Instalar un conxunto de iluminación intelixente pode cambiarche a vida de moitas maneiras. Podes acendelo e apagalo se ter que erguerte do sofá ou programalo para que se acenda a unha hora concreta. Incluso podes cambiar a cor e a calidez para adaptalas ás diferentes ocasións. Ademais, cando teñas ese momento de "como podía vivir sen isto?", podes amplialo ao resto da casa con facilidade.

Velaquí todos os produtos de iluminación intelixente
Nun estante de parede detrás dun sofá hai lámpada de mesa SOLKLINT de latón, un dispositivo de conexión TRÅDFRI, un mando a distancia TRÅDFRI e adornos.
Velaquí todos os produtos de iluminación intelixente

Un xeito intelixente de comezar

Para conseguir que a túa casa sexa un pouco máis intelixente, non se require moito esforzo, sexa para engadir algunhas lámpadas intelixentes, un mando a distancia ou un conxunto de iluminación intelixente. O mellor de todo é que, se queres ter unha casa máis intelixente, sempre podes engadir máis dispositivos e lámpadas noutros cuartos máis tarde.

Actualízate á carga sen fíos dos teléfonos

Pequeno e lixeiro, o cargador sen fíos LIVBOJ é o accesorio perfecto para levar a calquera sitio cando teñas que cargar o teléfono. Deixa de buscar o cable axeitado para ti.

Teléfono colocado sobre un cargador sen fíos LIVBOJ branco nun mesado no medio de cunquiños de aperitivos e accesorios de oficina.

Hora de espertar con estores sen fíos

Se buscas un xeito de durmir sen molestias, os estores opacos serán un complemento marabilloso no dormitorio. Mais, se queres dispor dun sistema máis luxoso, os estores sen fíos son a túa elección. Cun mando a distancia (incluído, por suposto), podes abrir e pechar os estores sen ter que saír da cama e, se che parece demasiado desagradable espertar cunha alarma sonora, podes programalos para que se abran a unha hora concreta para espertar coa luz do sol.

Cuarto con iluminación tenue con cortinas transparentes nunha xanela na que hai un estor opaco FYRTUR gris a medio baixar.