Ideas de distribución do sofá para ver a televisión e xogar
Buscas a mellor distribución do sofá para ver as túas series favoritas ou xogar á consola con comodidade? Aquí atoparás unha chea de ideas sobre modelos de sofá e como colocalos para tirarlle o máximo partido ao teu espazo de lecer. Ademais, dámosche consellos sobre como as mesas de centro, os mobles de TV e as cadeiras de brazos poden axudarche a conseguir un espazo funcional para ver a televisión, xogar e moito máis.

Xuntos, pero cada persoa coas súas cousas
Queres ver a televisión, pero os teus compañeiros de piso prefiren botar unha partida. Ou ao revés. Presentámoste un deseño que convence todas as partes O amplo e cómodo sofá de esquina KIVIK é perfecto para ver as túas series favoritas proxectadas no estor dende o proxector situado na mesa de centro JÄTTESTA.
Os sitios para gamers son as cadeiras de brazos xiratorias LILLESÄTER. Teñen a opción de ver a pantalla grande xunto ao grupo do sofá ou de xiralas, poñer os auriculares, erguer os pés e xogar na televisión.
O moble de TV BESTÅ e as mesas ofrécenche espazo de sobra para mandos, videoconsolas, revistas, etc. E como a mesa auxiliar STOCKHOLM 2025 é tan fácil de mover, ninguén quedará sen probar os aperitivos.
Un deseño que cambia de forma e optimiza o teu espazo
Esta distribución compacta é moi doada de adaptar a diferentes situacións, como cando veñen amizades de improviso. A chave está nos mobles flexibles, como este sofá cama de tres prazas FRIHETEN que cumpre a súa función día e noite. A cadeira de brazos de gaming BRÄNNBOLL ofréceche dúas posibilidades de descanso, xa que o coxín do asento se estende para que poidas estirar as pernas. Como ten rodas, podes poñelo a mirar cara á televisión para vela ou xogar a consola, ou a mirar cara ao sofá para as partidas de xogos de mesa con amizades. Falando de rodas, a mesa auxiliar TINGBY tamén ten. E da televisión e dos aparellos electrónicos encárgase un moble de TV VIHALS.
Unha distribución de sofá acolledora para unha familia nova
Un sofá VIMLE de tres prazas con chaise longue, mol e colocado en fronte da televisión, é ideal para acurruncharse e ver algo en compañía. As fundas pódense lavar á máquina e a chaise longue, perfecta para tombarse, ten ademais espazo para gardar mantas e outros obxectos.
O moble de TV KALLAX serve para colocar os aparellos electrónicos e as catro caixas BULLIG de bambú axúdanche a poñer orde no resto das túas cousas. Os xoguetes pódense gardar na caixa de almacenaxe SLÄKT con rodas. E sacalos e recollelos é máis rápido cando os teus pequechos teñen unha caixa TROFAST que os axude.
O lugar dos aperitivos e todo o demais é a mesa auxiliar OLSERÖD. Pode pasar con facilidade dunha mesa de centro a unha mesa alta, perfecta para cear mentres ves a televisión.
Unha distribución multixeneracional cunha sorpresa no centro
Con esta distribución de sofás, ideal para unha familia con membros de varias xeracións, ata sete persoas poden ver a televisión, e moito máis. Os dous sofás EKTORP de tres prazas achegan espazo e comodidade, mentres a avoa senta na súa cadeira de brazos EKTORP favorita, coas súas agullas á man sobre unha mesa KRAGSTA.
As dúas mesas de centro VITTERYD axustables inclúen unha grata sorpresa. Ademais de ofrecer espazo de almacenaxe para mandos, revistas e videoconsolas, podes elevar os taboleiros para unha partida de xogos de mesa ou para cear mentres ves a televisión.
Os andeis abertos do moble de TV SKRUVBY permítenche acceder con facilidade a todo o que gardes neles. Mesmo podes organizar os obxectos pequenos con caixas e cestas.









































