Saltar

Descubre as lámpadas LED SOLHETTA duradeiras e con uso eficiente da enerxía

As lámpadas LED SOLHETTA teñen unha vida útil dunhas 25 000 horas e teñen un consumo de enerxía un 35 % máis eficiente cás lámpadas LED anteriores de IKEA. Aforrar enerxía nunca foi tan práctico, nin tan económico.

Nove lámpadas LED SOLHETTA penduradas do teito, diante dunha cortina verde.
Nove lámpadas LED SOLHETTA penduradas do teito, diante dunha cortina verde.

Gran potencia

A lámpada LED SOLHETTA ilumina a plena potencia dende o momento en que se prende e mais crea un ambiente cálido no teu fogar sen escintilar nin facer ruído.

Velaquí todas as lámpadas LED SOLHETTA
Dúas lámpadas LED SOLHETTA penduradas sobre unha mesa de noite cunha morea de libros e lentes de lectura enriba.
Velaquí todas as lámpadas LED SOLHETTA

Baixo consumo; grandes aforros.

Aforra tanto na factura da luz como en lámpadas de reposto. As lámpadas LED SOLHETTA fan un uso da enerxía un 35 % máis eficiente de media en comparación coas lámpadas LED anteriores de IKEA.

Lámpadas LED SOLHETTA e dúas caixas con lámpadas LED no interior apoiadas nunha mesa de madeira.

Variedade de formas e tamaños

As lámpadas LED SOLHETTA veñen en moitas formas e tamaños, polo que atoparás a axeitada para calquera lámpada e para case calquera necesidade de iluminación.

Velaquí todas as lámpadas LED SOLHETTA
Nove lámpadas LED SOLHETTA penduradas do teito sobre unha mesa de comedor con pratos e vasos enriba.
Velaquí todas as lámpadas LED SOLHETTA

Luz cálida; lámpada fría

A lámpada LED SOLHETTA achega luz cálida a calquera estancia da casa, mais a lámpada en si non quece. Escolle unha versión con intensidade regulable para axustar a luz a cada momento do día.

Lámpada LED SOLHETTA acesa pendurada dun gancho fixado a unha parede de malla no que tamén hai chaves e notas.
Lámpada LED SOLHETTA acesa pendurada do teito sobre unha mesa cun portátil, unha cunca e uns cantos libros enriba.

Unha ampla vida útil

A lámpada LED SOLHETTA dura 25 000 horas (o que equivale a 20 anos se se utiliza 3 horas diarias). Isto quere dicir que a próxima vez que teñas que mudar unha das lámpadas LED será en 2041. Unha idea brillante, ou?

Dúas luces LED SOLHETTA acesas, unha nunha lámpada de mesa nun peitoril, e a outra nunha lámpada de pé detrás dun sofá cuns coxíns.

As lámpadas LED SOLHETTA están dispoñibles en moitas formas e tamaños

Atopa a lámpada que precisas entre a gama de lámpadas LED SOLHETTA duradeiras e con uso eficiente da enerxía; tamén hai opcións con intensidade regulable.