Saltar

De parede a parede e gardo o que me toca

Cando vives nun espazo pequeno, a almacenaxe de parede é un xeito perfecto de aproveitares o espazo. Pero por que limitarse só á almacenaxe cando se pode empregar para moitas cousas máis? Como estación de traballo, para poñer a televisión, plantas, iluminación e moito máis.

Unha sala de estar cunha parede completa de estantes e armarios dedicados a libros, xoguetes, obxectos de colección e arquivadores.
Unha sala de estar cunha parede completa de estantes e armarios dedicados a libros, xoguetes, obxectos de colección e arquivadores.

Simplicidade de almacenaxe que combina ben

Que che parece unha nova serie, completa e sinxela, para as combinacións de almacenaxe que precisas? Unidades de almacenaxe, armarios e mobles para a televisión para un aspecto a xogo que combina ben coas outras series, polo que tamén podes engadirlle unha bonita estación de traballo.

Velaquí a serie BAGGEBO
Unha parede de sala de estar con estantes brancos, un armario BAGGEBO branco con porta de vidro, un moble de caixóns LENNART branco e un tallo MARIUS.
Velaquí a serie BAGGEBO

Portas de vidro para expoñer obxectos

Os teus obxectos de colección, artigos decorativos fráxiles ou calquera das túas pertenzas máis prezadas quedará ben dentro dun armario, onde estarán á vista pero fóra do alcance e protexidos do po detrás da porta de vidro.

Velaquí todas as vitrinas
Armario BAGGEBO en branco e metal con portas e estantes de vidro no que se expoñen obxectos vintage en vermello, como un teléfono e xoguetes.
Velaquí todas as vitrinas

Un grande armario para grandes xogos

Semella que nunha casa nunca hai espazo de almacenaxe dabondo. Especialmente pechado e á man. Así, é moito máis fácil, por exemplo, recoller. Abonda con arrombar os xoguetes en caixas e gardalas.

Velaquí todos os armarios
Un armario BAGGEBO branco coa porta aberta que deixa ver dúas caixas UPPRYMD amarelas e unha negra con xoguetes e un tren no chan.
Velaquí todos os armarios

Un exemplo en iluminación sostible

A iluminación sostible non só depende da lámpada que escollamos. Pode incluír tamén o material coa que está feita a lámpada enteira. Esta lampariña de traballo foi recoñecida polo seu enxeñoso deseño en plástico reciclado. E ademais, dá unha moi boa luz de traballo!

Velaquí todas as lámpadas de traballo
Un estante branco con papel, unha cunca vermella con lapis e unha regra, e unha lámpada de traballo SVALLET con pé gris escuro e unha pantalla branca.
Velaquí todas as lámpadas de traballo