Saltar

Consellos e ideas para construír unha fortaleza de mantas

Cando fóra fai un día gris, unha fortaleza de mantas pode ser perfecto para facer unha actividade divertida xuntos. O mellor de todo é que é doada de facer co que xa tes na casa. Dámosche algunhas ideas para a construción da fortaleza mediante o uso creativo dun sofá, cadeiras, un colgadoiro para roupa e moitas mantas, coxíns e roupa de cama.

Unha nena e un home xogando dentro dunha fortaleza de mantas construída nun sofá PÄRUP beixe, a carón dunha mesa de centro de chapa de carballo sobre una alfombra beixe.
Unha nena e un home xogando dentro dunha fortaleza de mantas construída nun sofá PÄRUP beixe, a carón dunha mesa de centro de chapa de carballo sobre una alfombra beixe.

Tenda de campaña cun colgadoiro para roupa

Unha idea de construción de estilo tenda máis pequena é comezar cun colgadoiro para roupa. Utiliza mantas máis lixeiras ou roupa de cama que resulten doadas de suxeitar na parte superior con pinzas para a roupa. Para ter máis espazo no interior, simplemente suxeita as paredes cun par de coxíns.

Velaquí todas as mantas
Unha fortaleza de mantas construída sobre un colgadoiro para roupa MULIG branco con mantas de cor óso, e cunha alfombra, un coxín e unha manta no seu interior.
Velaquí todas as mantas

Unha acolledora cova para arrastrarse dentro

O respaldo dunha cadeira de brazos pódese converter facilmente nunha fortaleza de mantas baixa de estilo cova, perfecto para ler un libro ou simplemente para tomar un momento para ti. Tamén é unha versión rápida e sinxela. Simplemente estende roupa de cama sobre o respaldo e coloca uns coxíns dentro para que resulte acolledor.

Velaquí todos os xogos de fundas nórdicas
Unha funda nórdica JÄTTEVALLMO rosa colgando do respaldo dunha cadeira de brazos para formar unha fortaleza de mantas, cun peluche e un libro no seu interior.
Velaquí todos os xogos de fundas nórdicas

A cómoda fortaleza do sofá

Se colocas os coxíns do asento do teu sofá en vertical e estendes mantas sobre eles podes converter un sofá de tres prazas nunha fortaleza de mantas de dúas estancias. A base do sofá é un chisco dura para sentar, así que trae coxíns, almofadas e mantas para instalarte comodamente.

Un home cun peluche xogando cunha cativa nunha fortaleza de mantas construída con mantas en marrón avermellado e branco nun sofá PÄRUP beixe.
Unha meniña xogando con peluches e un xogo de té DUKTIG en dous pufs/colchóns SLÄKT grises dentro dunha fortaleza de mantas.
Grazas a este colchón, calquera zona de xogo resulta máis cómoda, sobre todo o chan das fortalezas de mantas. Tamén é doado de pregar e gardar cando remata a hora de xogar.

Christina BreezeDeseñadora de interiores

Unha nena pechando a abertura dunha tenda infantil CIRKUSTÄLT sobre unha alfombra BRÖNDEN beixe á beira dunha mesa de centro LISTERBY en chapa de carballo.

E por que non unha fortaleza prefabricada?

Unha tenda de campaña infantil é outra forma de crear un acolledor refuxio, doado de despregar e que se pode desmontar rapidamente. Ou, se o pensas ben, talvez prefiras deixala montada e gardar xoguetes dentro.

Velaquí todas as tendas de campaña de xoguete