Saltar

Como elixir o tamaño do teu sofá

Non te enganes: o tamaño si importa. E moito. Sobre todo cando queres meter un sofá de tres prazas e chaise longue nun apartamento de 40 m2. Talvez non sexa a mellor opción, por iso, antes de mercar o teu sofá, mide a túa sala de estar para saber exactamente de canto espazo dispós. E se tes unha estancia complicada, con moitas columnas ou algún radiador no medio, inclúeos tamén nas medidas, porque estes elementos limitan bastante o abano de posibilidades. En resumo, cómpre pensar en todos os elementos da sala de estar que poidan representar un problema.

Un detalle importante

Non todo é o tamaño do sofá ou da sala de estar. Despois de decidir en que oco da sala vas meter as túas cousas, terás que medir tamén outros elementos que van condicionar, e moito, a túa compra: por exemplo a porta de entrada da casa, o largo do corredor, se o houber, a porta da estancia onde vas poñer o sofá e mesmo o tamaño das escaleiras ou do ascensor. Queres saber por que? Moi fácil, porque de pouco serve mercar o sofá máis bonito e cómodo do mundo se non o podes subir ata a casa ou se non colle pola porta.

Distancia óptima co televisor

Ao mercar un televisor é importante saber desde onde a imos ver. Se non hai distancia suficiente, un televisor de 60" ficará fóra do teu rango de visión e terás que virar a cabeza e os ollos para velo todo (e perderás de ver unha parte da pantalla). Se o televisor for pequeno de máis, a contorna non deixará que vexas ben a imaxe e perderás detalles da túa serie favorita. Tampouco esquezas esta distancia á hora de colocar o sofá na estancia ni cando teñas que medir todos os elementos que se comentaban anteriormente.

Queres unha mesa de centro?

Tanto se xa tes unha mesa de centro como se vas mercar unha nova, cómpre reflexionar sobre algúns aspectos importantes. O sofá debe medir, como moito, o dobre da mesa para manter a harmonía de proporcións. Ademais, para non resultar incómoda, a mesa non pode quedar nin 10 cm por riba nin por baixo do asento do sofá. Por outra banda, asegúrate de contar cuns 45 cm entre o sofá e a mesa para ter espazo abondo para as pernas e que a mesa siga sendo accesible sen erguerte. Por último, se queres pór mesas auxiliares aos lados, ademais de contar co espazo suficiente para a mesa, súmalle outros 15 cm para que non queden pegadas no lateral do sofá que, pola súa parte, tamén ten que ser máis grande cás mesas auxiliares. Do contrario, arríscaste a levar un golpe na cabeza cada vez que te deites.

Moito máis ca un sofá

Hai infinidade de tipos de sofá e seguro que sabes que un sofá ofrece moitas máis posibilidades, non só serve para sentar. Algúns teñen un chaise longue para pousar as pernas logo dun día duro de traballo, outros inclúen un repousapés que utilizas cando queres e que despois podes recolocar, outros teñen espazos agochados para gardar mantar, xoguetes, proxectos de costura ou sabas e os máis versátiles son os sofás cama, para os teus convidados prolongaren a visita todo o tempo que queiran ou para desfrutalos en familia vendo o televisor todos deitados.

No entanto, isto non require medir máis elementos para asegurarte de que collen no espazo. Por exemplo, entre o chaise longue e o moble do televisor ten que haber espazo abondo para poder pasar (mínimo 45 cm). No caso de mercar un sofá cama ou reclinable, débelo medir completamente aberto e deixar un pequeno espazo derredor. Canto? O suficiente para que poidas pasar, montalo e volver a recollelo sen risco de sufrir unha lumbalxia.

Como elixir unha alfombra perfecta para o teu sofá

Ben logo, despois de medir ata as escaleiras e buscar entre infinidade de moles de sofás, mesas de centro e tamaños de TV, pensas que xa está todo? "Pois está bonito e o sofá é moi cómodo pero non sei, é como se faltase algo", pensas.

Cremos que o que buscas inconscientemente é unha alfombra. Este elemento non se valora tanto como merece aínda que, en realidade, a alfombra da sala é importantísima. Axuda a crear espazos diferentes que realzan a decoración e actúa tamén como illante térmico e acústico. Por iso temos que pararnos ben á hora de elixir que alfombra queremos. Nós temos unha serie de consellos que podes seguir para gozar da alfombra perfecta para a túa sala e o teu sofá.

Planificadores de sofás