Saltar

Como conseguir algo de privacidade nun cuarto compartido

A maioría de nós consideramos a sala de estar como un espazo social. Pero ás veces, é bo apartarse un pouco e pasar tempo a soas mentres les, miras o móbil ou botas unha sesta. Cunhas cortinas e varios artigos máis, converterás unha cadeira de brazos ou chaiselongue nun refuxio perfecto para pasar tempo a soas.

Unha chaiselongue KIVIK gris cunha manta INGABRITTA de cor gris clara detrás dunhas cortinas insonorizantes GUNNLAUG brancas que serven para dividir o espazo.
Unha chaiselongue KIVIK gris cunha manta INGABRITTA de cor gris clara detrás dunhas cortinas insonorizantes GUNNLAUG brancas que serven para dividir o espazo.

Corre as cortinas

As cortinas insonorizantes son perfectas para dividir o espazo; ofrécenche privacidade nun intre e íllante do ruído do arredor. Se queres pasar de todo e illarte do resto do mundo, pon os auriculares.

Velaquí todas as cortinas
Unha chaiselongue KIVIK de cor gris cunha manta INGABRITTA de cor gris clara e un coxín en antracita, así como una lámpada de parede NYMÅNE branca.
Velaquí todas as cortinas

Ten á man todo o que necesitas

Sempre vén ben ter un sitio para poñer bebidas, aperitivos e outras cousas, como o soporte para tableta para ver películas comodamente. Tamén é cómodo ter sitio para colocar as túas cousas mentres non as usas. Onde hai un enchufe para cargar a tableta?

Velaquí todos os accesorios para móbiles e tabletas
Un soporte para tableta/auriculares MÖJLIGHET branco cun par de auriculares brancos pendurados, entre dous floreiros de vidro con plantas.
Velaquí todos os accesorios para móbiles e tabletas

Unha chaiselongue acolledora

Non cabe dúbida de que para crear un recuncho cómodo e acolledor é fundamental escoller unha boa chaiselongue ou unha cadeira de brazos onde poder sentar e relaxarse. E non nos podemos esquecer dunha manta para estar máis cómodos aínda e incluso botar unha soneca.

Velaquí todas as cadeiras de brazos e chaiselongues
Unha manta INGABRITTA de cor gris clara e un coxín en antracita enriba dunha chaiselongue gris; tamén hai dous soportes para plantas OLIVBLAD con plantas.
Velaquí todas as cadeiras de brazos e chaiselongues

Candeas e plantas para axudarte a desconectar

Pode que se trate dun pequeno e modesto recuncho, pero iso non é motivo para non darlle a atención que merece. Pon unhas plantas e uns adornos, engade unhas candeas perfumadas e goza dunha cunca de té ou dun bo libro. Iso é todo.

Velaquí todas as plantas e flores
Unha lámpada de parede NYMÅNE branca sobre unha chaiselongue gris, xunto a dous soportes para plantas OLIVBLAD de cor negra con plantas e una cunca de té.
Velaquí todas as plantas e flores