Saltar

Comeza con plantas de interior na sala

As plantas domésticas poden facer dunha casa un lugar máis tranquilo e vivo. Ademais, danlle cor e texturas. Descubre os nosos consellos para conseguir que che duren moito tempo.

Varias plantas verdes en testos de diferentes tamaños diante dunha ventá con cortinas rede.
Varias plantas verdes en testos de diferentes tamaños diante dunha ventá con cortinas rede.

Algunhas plantas precisan máis luz

Para saber que plantas se darán ben no teu espazo, repara na luz solar. As etiquetas das nosas plantas mostran se unha planta precisa sombra, luz indirecta ou sol. Tamén din se pode é de interior ou de exterior, e que temperatura lle gusta. Non tes luz? Proba as luces LED de cultivo.

Ver toda a iluminación e as unidades de cultivo LED
Ver toda a iluminación e as unidades de cultivo LED

As plantas viven mellor no testo axeitado

Polo xeral, as plantas non precisan ser transplantadas no primeiro ano. Así que déixaas estar ou méteas en testos exteriores para darlles un toque de cor e estilo. Con todo, un pratiño embaixo é unha boa idea, xa que axuda a drenar o exceso de auga.

Ver todos os testos e xardineiras
Ver todos os testos e xardineiras

Ten coidado de non regar as plantas de máis

A frecuencia de rego depende da propia planta. As nosas etiquetas empregan pingas como guía: cando vexas unha soa pinga, deberás regalas unha vez á semana ou cada dúas/tres semanas. Se son dúas pingas, unha ou dúas veces á semana (sen auga estancada). Se ves tres pingas, dúas ou tres veces á semana (a terra non debe estar nunca seca). Tamén podes desentenderte e optar por testos con autorrego, que fan o traballo por ti. Consello: se tocas a terra e esta che queda pegada ao dedo, non a regues.

Ver todos os testos con autorrego
Ver todos os testos con autorrego

As plantas artificiais parecen reais pero non precisan ningún coidado

Se queres ter verde todo o ano, terás que mentir. As plantas artificiais sempre parecen frescas e nunca morren, polo que podes dar renda solta á túa creatividade para lograr unha impresión de natureza. Un xeito sinxelo de crear un xardín vertical é combinando armarios abertos e plantas.

Ver todas as plantas e flores artificiais
Ver todas as plantas e flores artificiais

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.