A versatilidade do sofá cama: estamos na sala de estar ou no dormitorio?
Tamén podes convidar os teus seres queridos a pasar a noite aínda que vivas nun espazo pequeno. Pensa en mobles multiuso: sofás cama, almacenaxe intelixente e algúns extras prácticos son todo o que precisas para converter a sala de estar nun amplo dormitorio familiar de xeito sinxelo.


Cinco consellos para celebrar festas de pixamas na sala de estar
- Pódese usar unha mesa de centro para deixar a equipaxe ou como mesa de noite
- Os cabaletes para roupa pódense usar para separar espazos e dar máis privacidade
- Os estores opacos escurecen o cuarto para que os hóspedes durman ben
- Os focos con pinza son ideais como lámpadas para a mesa de noite
- As bolsas de almacenaxe flexibles son perfectas para gardar a roupa de cama adicional

- Páxina de información do produto

- Páxina de información do produto
“
As bolsas de almacenaxe flexibles son perfectas para gardar a roupa de cama adicional lista para usar. Gárdaas debaixo dunha cama ou encima dun armario para telas á man e afastadas do po.”
Emma ParkinsonDeseñadora de interiores