Saltar

A regra de 3+1 para vestir o teu sofá

Ás veces dubidamos sobre os elementos que poden conseguir que o noso sofá resulte acolledor e acompañe o noso mood da tempada. Os tecidos son o xeito máis doado de "redecorar" un espazo con pouco orzamento e conseguir o efecto acolledor que estamos a procurar. Para isto, hai unha regra moi sinxela que podemos seguir: o 3+1.

An EKTORP sofa with chaise longue stands in a functional living room near a HEMNES glass-door cabinet and some BESTÅ storage.

Selecciona tres coxíns

1. Empeza polo básico. Aquí imos elixir o coxín que resulte máis básico dentro da variedade cromática que escollamos para decorar o noso espazo.

2. Define o estilo. Neste paso achegamos algún elemento na tea que o diferencie do anterior, ou ben elixindo un material que contraste (como o veludo ou o liño), ou ben agregando a este coxín algunha forma xeométrica: cadradiños, puntos, raias…

3. Marca a expresión. Aquí é onde podemos deixarnos levar e incluír bordados, cores opostas, teas diferentes no mesmo elemento, etc.

A throw and three cushions, including one with a red-brown DYTÅG cushion cover, lie on a light beige EKTORP sofa.

Selecciona tres coxíns

1. Empeza polo básico. Aquí imos elixir o coxín que resulte máis básico dentro da variedade cromática que escollamos para decorar o noso espazo.

2. Define o estilo. Neste paso achegamos algún elemento na tea que o diferencie do anterior, ou ben elixindo un material que contraste (como o veludo ou o liño), ou ben agregando a este coxín algunha forma xeométrica: cadradiños, puntos, raias…

3. Marca a expresión. Aquí é onde podemos deixarnos levar e incluír bordados, cores opostas, teas diferentes no mesmo elemento, etc.

Engade a manta (+1)

Neste caso, o +1 é a manta, accesorio de grande importancia para que as túas tardes no sofá ou as túas sestas na cama sexan 100% apetecibles. Podemos incluír mantas de distintos grosores, tamaños ou materiais, como a la ou o poliéster reciclado, segundo a época do ano.

Some extra cushions and an off-white LAPPTÅG throw lie on an EKHOLMA corner sofa in a traditional living room.

Engade a manta (+1)

Neste caso, o +1 é a manta, accesorio de grande importancia para que as túas tardes no sofá ou as túas sestas na cama sexan 100% apetecibles. Podemos incluír mantas de distintos grosores, tamaños ou materiais, como a la ou o poliéster reciclado, segundo a época do ano.

Complementa coas cortinas

As grandes protagonistas dun cuarto son as cortinas. Un fogar non termina de ser un fogar ata que non incluímos unhas cortinas para vestir as nosas fiestras. Son un complemento ideal para o método 3+1, co que tamén poderás mesturar tecidos e cores segundo as túas preferencias, ademais de preservar a temperatura do cuarto e aforrar na factura da luz.

Light pink LENDA curtains hang in two windows on either side of a HEMNES glass-door cabinet behind a sofa.

Complementa coas cortinas

As grandes protagonistas dun cuarto son as cortinas. Un fogar non termina de ser un fogar ata que non incluímos unhas cortinas para vestir as nosas fiestras. Son un complemento ideal para o método 3+1, co que tamén poderás mesturar tecidos e cores segundo as túas preferencias, ademais de preservar a temperatura do cuarto e aforrar na factura da luz.

E a alfombra

As alfombras son un elemento clave para engadir cor ou enmarcar zonas dentro da estancia. Se ademais son en tons ocres e claros, achegarán un toque natural á decoración.

A light beige EKTORP 3-seat sofa with chaise longue stands on a RAKLEV flatwoven rug made of jute with woollen stripes.

E a alfombra

As alfombras son un elemento clave para engadir cor ou enmarcar zonas dentro da estancia. Se ademais son en tons ocres e claros, achegarán un toque natural á decoración.

A tradición de anovar o sofá sen cambialo

Optar polo clásico sempre é unha elección atinada e pouco arriscada, coa que poderás anovar o teu sofá e dotalo dunha personalidade sobria e tradicional con tecidos.

Un sofá como novo con accesorios de estilo moderno

Atrévete a optar por pezas máis modernas e desenfadadas: o teu sofá lucirá atrevido e diferente con pequenos cambios que apenas notará o teu peto. 

Máis ideas e inspiración para a túa sala de estar