Saltar

Estética e son que amoblan o teu fogar

Os altofalantes bluetooth e as lámpadas altofalante da nosa nova colección son resultado dunha colaboración chea de calidade e cor coa deseñadora Tekla Evelina Severin. A tecnoloxía encárgase de que sexan doados e rápidos de utilizar. Ademais de incluír a excepcional función Spotify Tap!

Un divertido pedestal de lámpadas intelixentes e altofalantes bluetooth KULGLASS e SOLSKYDD, xunto cunha lámpada FADO.

Todo o teu fogar baila ao ritmo da música

Os divertidos deseños da lámpada altofalante KULGLASS e do altofalante SOLSKYDD animan calquera cuarto no que entren mesmo antes de que os acendas. Unha vez instalados, pódeos conectar con rapidez e facilidade a un teléfono, un portátil ou outro dispositivo bluetooth.

Que prefires? Música nas paredes ou máis preto do chan?

Ademais de estar dispoñible en varias cores e deseños, o altofalante SOLSKYDD pódese colocar con facilidade onde ti queiras. Que prefires? Montalo no seu soporte e penduralo da parede nun lugar fixo, ou levalo sen complicacións dun lugar a outro?

Un, dous ou máis: ti dirixes o concerto

Se tes máis dun altofalante, xa podes poñerte a bailar para celebralo. O modo multialtofalante permíteche conectar un altofalante a todos os demais altofalantes bluetooth que dispoñan desta función e gozar da mesma música en todos eles. Cantos máis, mellor. Literalmente.

Se queres consellos, toca

Temos un bonus track! KULGLASS e SOLSKYDD contan co enxeñoso botón Spotify Tap. Tócao unha vez para ir directamente onde o deixaches a última vez. Cambiou o teu estado de ánimo e preferirías outra cousa? Prémeo outra vez para recibir unha nova recomendación.
Unha lámpada con altofalante bluetooth KULGLASS en verde escuro situada no espazo entre dous armarios EKET que se atopan un enriba do outro.

Se queres consellos, toca

Temos un bonus track! KULGLASS e SOLSKYDD contan co enxeñoso botón Spotify Tap. Tócao unha vez para ir directamente onde o deixaches a última vez. Cambiou o teu estado de ánimo e preferirías outra cousa? Prémeo outra vez para recibir unha nova recomendación.

Decoración e decibelios

Na túa familia hai moita variedade de gustos musicais? Gústache levar a música contigo cando saes do fogar? Ou quizais só queres engadir unha nota de cor que coordina coa túa música favorita? Se é así, o altofalante KALLSUP é ideal para ti. É pequeno dabondo para que poidas levalo a calquera lugar, potente dabondo para marcar unha boa base de graves e colorido dabondo para que nunca o perdas de vista. Goza!
Un conxunto de armarios de parede con libros, unha caixa e tres altofalantes bluetooth portátiles KALLSUP de distintas cores.