Saltar

Unha sala de estar urbana, moderna e cómoda as 24 horas

Descubre unha sala de estar onde as limitacións de espazo non se interpoñen no día a día nin impiden soñar ao grande. Ao chegar a noite, convértese nun dormitorio versátil e cómodo para que acordes nun cuarto amplo no que che apetecerá pasar o resto do día.

Un sofá cama FRIHETEN usado como cama, pero sen facer, nunha sala cunha iluminación suave e mais as cortinas e os estores practicamente pechados.
Un sofá cama FRIHETEN usado como cama, pero sen facer, nunha sala cunha iluminación suave e mais as cortinas e os estores practicamente pechados.

Mañás tranquilas e saídas rápidas

Tanto se podes durmir placidamente sen poñer o espertador como se tes que madrugar, ponte as cousas doadas no momento de erguerte. Só precisas unha mesa de noite que poidas usar como soporte para o portátil, unha lámpada sen fíos e unha cama que poidas converter en sofá nun momento.

Velaquí todos os sofás cama
Un almorzo lixeiro e unha lámpada LED portátil NÖDMAST sobre un soporte para portátil VITTSJÖ a carón dun sofá cama FRIHETEN usado como cama nun cuarto iluminado polo sol.
Unhas pantuflas a carón da chaiselongue aberta dun sofá cama FRIHETEN, onde se gardan tecidos e roupa de cama.
Velaquí todos os sofás cama

Luz diúrna e nocturna

Acordar coa luz do sol é unha marabilla, pero non é algo que poidas programar á hora que che veña ben. Cunha combinación de cortinas, estores opacos e solucións de iluminación, poderás controlar o nivel de luz que queiras ao longo do día. Iso si, non esquezas poñer o espertador.

Velaquí todos os estores
Unha fiestra iluminada polo sol con cortinas e o estor opaco FRIDANS parcialmente pechados para atenuar a luz do interior do cuarto.
Velaquí todos os estores

Facilita as cousas desde o principio

Cando cada centímetro conta, a multifuncionalidade convértese na túa aliada. Pensa nese recanto, por exemplo: un toucador ou un práctico escritorio? Un repousapés ou unha solución de almacenaxe intelixente? Andeis funcionais ou decorativos? Exacto: todo o anterior!

Velaquí todos os repousapés e pufs
Un toucador BRIMNES branco con andeis de parede BERGSHULT/PERSHULT brancos enriba e un puf JÄRRESTAD usado como tallo debaixo.
Un puf JÄRRESTAD de forma cilíndrica coa tapa quitada e tecidos no seu interior. Ao lado, hai un toucador BRIMNES.
Velaquí todos os repousapés e pufs

A marabillosa xeometría da almacenaxe diaria

A simetría dos armarios EKET e as mesas auxiliares HOLMERUD achega carácter e unha combinación moi práctica de almacenaxe e espazo para decoración. E iso non é todo: as mesas auxiliares bordeando a esquina convértense no centro de atención de maneira natural para realzar calquera obxecto que mereza máis atención.

Velaquí todos os armarios e estantes EKET en forma de cubo
Unha sala de estar iluminada pola luz do sol cunha ringleira de andeis con forma de cubo EKET, enriba de varias mesas auxiliares HOLMERUD dispostas en paralelo con adornos e solucións de almacenaxe.
Varias mesas auxiliares HOLMERUD cheas de libros e adornos bordeando unha esquina dunha sala de estar iluminada polo sol.
Velaquí todos os armarios e estantes EKET en forma de cubo

Unha pausa fronte ás portas corredizas

Un dormitorio e unha sala de estar combinados xa supón un aforro de espazo importante, pero hai máis aínda. Delimitar a zona de comedor con portas corredizas crea outro cuarto e achega privacidade cando se necesite, sexa para comer, descansar ou pasar tempo en solitario. Ademais, a forma redonda da mesa permite aproveitar máis o espazo e moverse doadamente en zonas con dimensións reducidas.

Velaquí o sistema de portas corredizas SKYTTA
Unha sala de estar iluminada pola luz do sol que se comunica a través de dúas portas corredizas SKYTTA cun recuncho do comedor no que hai unha mesa redonda DOCKSTA.
Velaquí o sistema de portas corredizas SKYTTA

Unha sala de estar como calquera outra

Unha vez completada a transición para comezar o día, o cuarto está listo para recibir convidados e acoller actividades de todo tipo. Un maratón da túa serie favorita, un rato en familia ou tomar un café con amigos: só tes que adaptar as mesas niño e os asentos versátiles para cada ocasión.

Velaquí todas as mesas auxiliares e de centro
Un cuarto iluminado polo sol cun sofá e cadeiras de brazos ULRIKSBERG arredor dun par de mesas niño SONHULT con café e torta.
Velaquí todas as mesas auxiliares e de centro

Oculto ou á vista, esa é a cuestión

A combinación VIHALS axúdache a atopar o equilibrio entre a almacenaxe aberta e pechada. Unha esteira de ioga nun armario, accesorios soltos nunha caixa trenzada, unha lámpada de luz suave nun andel aberto e outras cousas dese tipo. Os cadros da parede e os adornos levan toda a atención e, aínda que podes acceder doadamente a todo, a desorde queda oculta.

Velaquí a serie VIHALS
A parede dunha sala de estar cuberta a medias por unha combinación de almacenaxe VIHALS branca; a outra metade está cuberta por varios cadros.
Parte dunha solución de almacenaxe VIHALS cunha lámpada de mesa SAXHYTTAN acesa, unha cesta de ratán BRANÄS e caixas de almacenaxe nos andeis.
Velaquí a serie VIHALS

Un dormitorio perfectamente disfrazado

Esta sala de estar é un magnífico camaleón que cambia durante o día. Por unha parte, as plantas, os materias naturais e o esquema de cores apagadas transmiten tranquilidade; pola outra, os mobles elixíronse pensando na comodidade e na utilidade. Unha cama que é un sofá (e ao revés), diferentes combinacións de asentos e unha zona de comedor versátil. E todo sen ningún esforzo.

Velaquí a serie FRIHETEN
Un sofá cama FRIHETEN con coxíns en metade dunha sala de estar iluminada pola luz do sol. Hai unhas mesas niño SONHULT ao lado do sofá.
Velaquí a serie FRIHETEN