Saltar

Unha sala de estar que combina legado escandinavo e vida moderna

Dámosche a benvida a unha acolledora sala de estar que namorará tanto a pais e nais como a fillos e fillas preadolescentes. Hai espazo para todas as persoas e para as súas actividades (ata para durmir!). O legado escandinavo destaca, por exemplo, nas cores e os materiais naturais, pero cun toque contemporáneo.

Un sofá cama TORNSBORG nunha sala de estar cunha alfombra TIDTABELL gris e solucións de almacenaxe de madeira pintada de vermello.

Almacenaxe co seu propio estilo único

Hai espazo de almacenaxe suficiente para toda a familia. Pintamos o armario IVAR de piñeiro e a minicómoda MOPPE da mesma cor da parede para darlle un aire moderno ao estilo tradicional. Xunto con artigos vermellos como a solución de almacenaxe aberta KRÖNIKÖR, crean un efecto de ton sobre ton que achega a sensación de orde.

Velaquí o sistema IVAR
Unha solución de almacenaxe aberta KRÖNIKÖR en vermello nun recuncho ao lado dun armario de parede IVAR con portas pintado de vermello xunto a un escritorio.
Minicómodas MOPPE pintadas de vermello enriba dun armario de parede IVAR con portas pintado de vermello e montado nunha parede vermella.
Velaquí o sistema IVAR

Personaliza a túa almacenaxe cunha brocha!

Queres darlle un aspecto diferente ás túas solucións de almacenaxe de madeira sen tratar? Por que non usas a pintura TRIXIG ou o aceite para madeiras TRIXIG? Ambas as solucións protexen a madeira e fan que sexa máis duradeira.

Un sofá para usar tamén de noite

Un sofá cama como este invita a que os convidados (como as amizades dos teus fillos, por exemplo) queden a durmir. A madeira de piñeiro reforza o carácter escandinavo da estancia. E nunca es maior dabondo para o adorable peluche SKOGSDUVA. Trátase dun lince do bosque que, entre tantos mobles de madeira, se sente como na casa.

Velaquí todos os sofás cama
Un sofá cama TORNSBORG con almofadas adicionais en fronte dun puf SANDARED beixe sobre unha alfombra TIDTABELL gris.
Un lince de peluche SKOGSDUVA sobre un sofá cama con roupa de cama BARNDRÖM en branco e vermello, e roupa de cama EKTANDVINGE a cadros.
Velaquí todos os sofás cama

Comodidade e personalidade

Os tecidos son unha gran forma de darlle un toque acolledor ao teu fogar e reflicten os teus gustos e a túa personalidade. Ademais, tamén teñen moitas vantaxes prácticas. Esta alfombra TIDTABELL de la é moi cómoda ao contacto cos pés. Ao mesmo tempo, as cortinas opacas KORGMOTT son perfectas para as persoas con gran sensibilidade á luz cando dormen.

Velaquí todos os produtos téxtiles
Un lince de peluche SKOGSDUVA sobre unha colcha PELARTUJA nun sofá cama cunha alfombra TIDTABELL gris parcialmente debaixo.
Unhas cortinas opacas KORGMOTT en branco penduradas dunha guía individual VIDGA diante dunha fiestra, xunto a unha lámpada de pé KINNAHULT.
Velaquí todos os produtos téxtiles

Un pequeno refuxio só para ti

Mesmo nunha sala de estar podes crear o teu propio espazo para gozar da túa afección favorita ou, simplemente, de algo de tempo contigo. Aquí, podes relaxarte nunha cadeira de brazos PERSBOL atemporal grazas ao cómodo coxín do asento. Unha manta e un coxín fan que sexa aínda máis cómoda e engaden un toque máis moderno ao estilo da estancia. Xunto ás grandes cristaleiras, e con mobles de madeira e unha rechamante alfombra de la, este pequeno espazo é como un anaco do exterior dentro do teu fogar.

Velaquí todas as cadeiras de brazos
Unha cadeira de brazos PERSBOL cun coxín con funda SPIKKLUBBA sobre unha alfombra TIDTABELL gris xunto a unha porta de vidro.
Velaquí todas as cadeiras de brazos

Unha sala de estar atemporal e acolledora

Esta estancia, cálida e acolledora, é ideal para que toda a familia goce dun momento de relax. Os tecidos engaden calidez e personalidade. O esquema de cores é sinxelo, pero rechamante, e reflicte o legado escandinavo cun toque moderno e divertido. A pantalla de lámpada colgante RISBYN achega o toque final. A súa forma orgánica e os detalles de madeira de bidueiro encaixan á perfección co mobiliario e a sensación de conexión coa natureza do resto da estancia.

Velaquí todas as lámpadas
Un sofá cama TORNSBORG e unha cadeira de brazos PERSBOL nunha estancia que conta tamén cunha alfombra TIDTABELL e unha lámpada colgante RISBYN enriba.
Velaquí todas as lámpadas