Unha sala de estar pequena e moderna, moi útil para estar todos xuntos
Dámosche a benvida a este fogar cálido e contemporáneo que se adapta a novos inquilinos. Aquí, os retos convértense en oportunidades cando unha persoa maior pasa a vivir co resto da súa familia. Esta sala de estar ten como obxectivo acabar coas diferenzas por cuestións de idade ou intereses a través dunha sinxeleza acolledora e de solucións ben planificadas; así, conseguirás que as reunións familiares sexan moito máis divertidas, entre outras cousas.

Almacenaxe que achega estilo e agocha a desorde
Se non hai moito espazo, deixa que os teus mobles traballen de múltiples xeitos sempre que sexa posible. Este fundamento é moi útil e, en xeral, céntrase na multifuncionalidade e en aspectos prácticos, pero tamén pode considerarse para a decoración. Por exemplo, ao combinar armarios e estantes EKET e BESTÅ, poderás reflectir a túa identidade e gardar todo o que precises. Unha distribución así non só permite colocar libros, altofalantes bluetooth e moito máis, senón tamén agochar obxectos que non che interesa que estean á vista. Deste modo, ofrece un toque atractivo, establece unha orde natural e crea un foco de atención.
Un sofá para reunións familiares
Un sofá non ten que ser grande para que xuntarse nel resulte práctico. De feito, un de dúas prazas é ideal para ensinarlles trucos do móbil aos teus netos, manter conversacións profundas ou, simplemente, compartir momentos incomparables. Engade a iluminación axeitada e un práctico e cómodo puf JÄRRESTAD, e estarás de reunión familiar todos os días. E, por se fose pouco, a suave comodidade do sofá MANNARP, así como o soporte que ofrece o seu alto respaldo, non che obrigarán a desembolsar unha gran cantidade de diñeiro.
Asentos para multitudes
Ao outro lado da mesa e do sofá, hai unha cadeira de brazos na que podes confiar, tanto para descansar as costas como para ofrecer un asento no cuarto. A súa robustez pode verse minimizada polo seu aspecto lixeiro e espazoso, pero non te deixes enganar. Podes colocar a cadeira de brazos BINGSTA sen problemas onde che resulte máis cómodo. Aí, os repousabrazos arredondados e o coxín do respaldo proporciónanche un recanto repleto de comodidade. O panel traseiro, sólido e curvado, fai que o confort sexa insuperable. Hora de sentar.
Un escritorio para socializar cando ti queiras
Cando o espazo no chan escasea e se precisa para moitas cousas en distintos momentos, a flexibilidade axúdache a saír adiante. Este escritorio, que combina o taboleiro LINNMON e as patas con rodas KRILLE, é a máxima expresión de mobilidade. Ao colocalo xunto a unha parede, consegues unha zona discreta e práctica para centrarte na actividade que che pete. Se, pola contra, queres que se converta nunha parte activa do cuarto ―ou se o proxecto no que estás a traballar está en expansión constante―, coas rodas poderás sacalo do cuarto nun santiamén e estar máis preto das persoas con quen compartes fogar.
Unha sala de estar na que caben varias xeracións
Se botamos unha ollada ao cuarto, percibimos que cada moble merece formar parte del. Tanto ten se o seu punto forte é que son multifuncionais ou económicos, que aforran espazo ou que desbordan estilo: todos achegan algo que fai que o día a día sexa máis levadío para as persoas que comparten espazo con eles. Ao ter un espazo compartido no que todo o mundo pode relaxarse como lle pete, poderás despreocuparte se algún familiar se muda contigo; de feito, será todo un privilexio.

Unha sala de estar na que caben varias xeracións
Se botamos unha ollada ao cuarto, percibimos que cada moble merece formar parte del. Tanto ten se o seu punto forte é que son multifuncionais ou económicos, que aforran espazo ou que desbordan estilo: todos achegan algo que fai que o día a día sexa máis levadío para as persoas que comparten espazo con eles. Ao ter un espazo compartido no que todo o mundo pode relaxarse como lle pete, poderás despreocuparte se algún familiar se muda contigo; de feito, será todo un privilexio.






























