Saltar

Unha sala de estar para as aventuras creativas

Xoga, debuxa e escribe nesta sala de estar inspiradora que fomenta a creatividade e expresividade. Grazas aos mobles prácticos e sinxelos de mover, ás vitrinas e á chea de almacenaxe, ti e os teus fillos teredes espazo para relaxarvos e divertirvos.

Sala de estar con sofás de dúas prazas, unha mesa auxiliar branca con rodas, un tallo infantil, coxíns e plantas en testos.
Sala de estar con sofás de dúas prazas, unha mesa auxiliar branca con rodas, un tallo infantil, coxíns e plantas en testos.

Un sofá que deixa espazo para xogar

Precisas máis espazo para xogar? Con este sofá lixeiro e doado de mover poderás reorganizar a túa sala de estar sen problemas e terás liberdade para utilizar o teu espazo como desexes.

Velaquí todos os sofás
Dinosauros de peluche, un moble para TV branco, un armario branco con portas de cristal e unha rapaza levando un extremo dun sofá de dúas prazas.
Velaquí todos os sofás

Unha mesa auxiliar con rodas

Esta mesa auxiliar tan fiel estará aí para ti sempre que a precises. Grazas ás súas rodas, pódese mover sen problemas e é estupenda para os espazos multifunción. Ademais, o seu estante para almacenaxe extra permite manter a mesa libre.

Velaquí todas as mesas auxiliares
Mesa auxiliar branca con rodas, dous sofás de dúas prazas, un estante branco, cadros, unha planta nun testo e un libro.
Velaquí todas as mesas auxiliares

Un fogar para o teu televisor

Este moble para TV ten un deseño sinxelo e práctico que se adapta facilmente a calquera cuarto. Consello profesional: utiliza caixas e cestas para que a almacenaxe aberta se vexa ordenada.

Velaquí todos os mobles para TV
Mobles para TV branco, un televisor negro, unha ilustración en branco e negro enmarcada, armarios brancos con portas e elementos decorativos.
Velaquí todos os mobles para TV

Un armario para amosar e almacenar

Amosa a obra de arte máis recente do teu fillo, almacena os materiais para manualidades, garda os xoguetes en caixas... As posibilidades que ofrece esta vitrina son infinitas.

Velaquí todas as vitrinas
Armario branco cunha porta de vidro con libros, unha caixa e un organizador de escritorio con materiais para manualidades no interior.
Velaquí todas as vitrinas

O lugar das cousas divertidas

O deseño minimalista deste estante dá unha sensación de amplitude e centra a atención nas cousas favoritas do teu fillo. Coloca os materiais de manualidades en botes transparentes e caixas, e os seus xoguetes favoritos en cómodas cestas para crear unha unidade de almacenaxe divertida e ao alcance da man.

Velaquí todos os estantes
Estante branco, cesta de almacenaxe branca e negra con dinosauros de xoguete, botes transparentes con tubos de pintura e unha lámpada de mesa branca.
Velaquí todos os estantes