Saltar

Unha sala de estar multiúsos para xogar, durmir e divertirse

Sentes que ao teu fogar lle falta espazo para todo o que lle pides? Esta sala de estar multiúsos para toda a familia está preparada mesmo para a quenda de noite. O sofá cama central crea unha zona detrás para que pais e nais poidan dedicarse ás súas afeccións, ou a facer contas, mentres os pequechos se divirten nunha alfombra de actividades ao seu carón. A isto hai que engadirlle un sistema de almacenaxe intelixente e ben organizado que permite que o cuarto cambie de función, sen perder nunca a súa esencia cálida e natural. 

Un sofá cama de dúas prazas EKHOLMA nunha sala de estar que cumpre varios propósitos, en fronte dunha cadeira de brazos con orellas STRANDMON con repousapés.

Almacenaxe sinxela e organizada cun estilo clásico

Un par de librarías FÄRJKARL ofrécenche moito espazo de almacenaxe, ademais dun estilo atemporal e detalles encantadores, como as patas torneadas e unha guía de latón móbil. Os andeis abertos permítenche ver e coller con facilidade o que procuras. Tamén podes regular a altura de tres dos andeis para adaptalos ao que precises gardar. Poderías poñer varias caixas e cestas para organizar as facturas ou os materiais das túas afeccións. Acaban coa desorde e axúdanche a conseguir un estilo máis persoal. 

Dúas librarías FÄRJKARL con libros, arquivadores GÄRDESGÅRD e caixas nos andeis, e iluminación para armarios TVÄRDRAG na parte superior.

Almacenaxe sinxela e organizada cun estilo clásico

Un par de librarías FÄRJKARL ofrécenche moito espazo de almacenaxe, ademais dun estilo atemporal e detalles encantadores, como as patas torneadas e unha guía de latón móbil. Os andeis abertos permítenche ver e coller con facilidade o que procuras. Tamén podes regular a altura de tres dos andeis para adaptalos ao que precises gardar. Poderías poñer varias caixas e cestas para organizar as facturas ou os materiais das túas afeccións. Acaban coa desorde e axúdanche a conseguir un estilo máis persoal. 

Un sofá cama para sentar, durmir e relaxarse

Igual que moitos colchóns de calidade, os coxíns deste sofá cama de dúas prazas EKHOLMA contan con resortes ensacados, o que che proporciona comodidade tanto para sentar como para durmir. Por que non o despregas, lle pos un edredón e almofadas, e botas un anaco enriba? Pasa de sofá a cama (e viceversa) nun abrir e cerrar de ollos, e, como as fundas se poden lavar á máquina, é posible manter esa sensación de frescor. 

Un armario que convida á calma para telo todo ordenado

Ás veces, simplemente apetece pechar as portas e gozar da calma visual, sobre todo cun armario FÄRJKARL tan elegante como este. Conta con detalles encantadores, como patas torneadas e pomos de latón en forma de pinga, ademais de andeis cunha altura que se pode regular para adaptalos ao que queiras gardar. No seu interior, as caixas axúdanche a organizar os obxectos pequenos e localizalos sen complicacións. Os pequechos poden gardar parte dos seus xoguetes nunha caixa DRÖMSLOTT para que lles resulte máis doado sacalos, levalos e volver colocalos sen axuda. 

A caixa que se transforma en alfombra de actividades

Non tes, ás veces, a sensación de que se tarda o mesmo en recoller que en xogar? Iso foi o que inspirou ao deseñador Lukas Bazle a crear a alfombra/caixa de almacenaxe GREJSIMOJS. Cando está despregada, é unha superficie suave para o xogo. Ao rematar de xogar, pódese pregar para converterse nunha caixa de almacenaxe de xoguetes e despexar o chan con rapidez. Mesmo podes elixir entre dúas formas de caixa. 

Comodidade de pés á cabeza con almacenaxe agochada incluída

A cadeira de brazos con orellas STRANDMON proporciona un asento cómodo co soporte engadido do seu respaldo alto. Combínaa co repousapés para estirar as pernas e desconectar. O repousapés inclúe espazo de almacenaxe, perfecto para ter á man revistas, mantas e moito máis sen que estorben. 

O teu espazo persoal nunha sala de estar multiúsos

Tentas facerlle un oco a un escritorio nunha sala de estar pequena que xa está ateigada? Pono detrás do sofá para crear un pequeno cuarto dentro doutro. Conseguirás unha zona exclusiva para as túas afeccións, planificar as vacacións e mesmo maquillarte, todo sen afastarte do núcleo da vida familiar. 

Un escritorio ROSENTORP branco e unha cadeira xiratoria ROSENTORP detrás dun sofá cama de dúas prazas EKHOLMA nunha sala de estar multiúsos.