Saltar

Unha sala de estar moderna con cores pasteis e recunchos acolledores

Queres deseñar unha sala de estar que non estea sobrecargada de xoguetes? Esta sala de estar é alegre, pero non infantil; sofisticada e elegante, pero, á vez, divertida e chea de personalidade. Esta estancia, coas cores das lambetas distribuídas con harmonía, unha práctica división por zonas e numerosas solucións de almacenaxe, é artística, acolledora e inspiradora.

Unha sala de estar elegante con paredes amarelas e un sofá cama de tres prazas VIMLE en azul claro de costas a un chaiselongue VIMLE.
Unha sala de estar elegante con paredes amarelas e un sofá cama de tres prazas VIMLE en azul claro de costas a un chaiselongue VIMLE.

Cores inspiradas nunha tenda de lambetas

A combinación de cores desta sala de estar é unha parte esencial do estilo alegre pero sofisticado deste cuarto. A paleta de cores pasteis (rosa chicle, verde menta e azul xelatina) equilíbrase cos mobles de madeira escura e os detalles en marrón caramelo. Os mobles baixos e as cores claras achegan amplitude á estancia.

Velaquí todos os sofás
Un sofá de tres prazas VIMLE en azul claro con coxíns e unha mesa de centro HOLMERUD nunha sala de estar luminosa con paredes amarelas.
Un chaiselongue VIMLE en azul claro cunha manta en marrón claro enriba diante dunha gran porta corrediza con cortinas DYTÅG brancas.
Velaquí todos os sofás

Mesas auxiliares elegantes como continuación do sofá

Presentámosche unha forma elegante de distribuír os mobles da sala de estar de xeito que teñas todas as túas cousas á man. Colocamos o sofá e o chaiselongue no medio do cuarto e rodeámolos de mesas auxiliares. A madeira escura achega calidez á estancia e equilibra as cores máis claras.

Velaquí todas as mesas de centro e auxiliares
Varias mesas auxiliares HOLMERUD colocadas aos lados dun sofá de tres prazas VIMLE en azul claro que está colocado de costas a un chaiselongue VIMLE.
Unha mesa de centro HOLMERUD no medio dunha sala de estar amarela xunto a un recuncho de estudo baixo unhas escaleiras.
Velaquí todas as mesas de centro e auxiliares

Moitas opcións de almacenaxe e exposición

Como na sala de estar fanse moitas actividades diferentes, a almacenaxe é esencial para telo todo ordenado. A almacenaxe aberta é ideal para facilitar o acceso a libros ou xoguetes que se usan con frecuencia, por exemplo, mentres que a almacenaxe pechada permite conseguir un resultado máis despexado. O panel desta libraría BILLY permite expoñer obras de arte ou fotos na porta.

Velaquí todas as librarías e estantes
Estantes JÄTTESTA negros colocados contra unha parede de cor azul clara, con caixas BARNDRÖM e libros nos andeis.
Unha combinación de librarías BILLY/HÖGBO, con portas de vidro e obras de arte nos paneis, situada na esquina dunha habitación amarela.
Velaquí todas as librarías e estantes

Crea zonas para diferentes actividades

Ten en conta como usaredes a túa familia e ti a sala de estar e, en función diso, distribúe as zonas. Aquí, creamos un recuncho acolledor para pasar algo de tempo a soas mediante o uso dun chaiselongue de costas ao sofá. Despois, aproveitamos o espazo que hai baixo as escaleiras para crear un recuncho para estudar e dedicarse ás afeccións.

Velaquí todos os escritorios para o fogar
Un chaiselongue VIMLE en azul claro con coxíns no medio dunha sala de estar con paredes amarelas preto dunha escaleira.
Un recuncho de estudo baixo unhas escaleiras composto por dúas cadeiras xiratorias BLECKBERGET, escritorios, lámpadas de escritorio e un carriño ÖVNING.
Velaquí todos os escritorios para o fogar

Unha sala de estar divertida e elegante para toda a familia

Esta sala de estar moderna destaca polo uso das cores pasteis, inspiradas nunha tenda de lambetas; a elegante madeira en marrón escuro, e o aproveitamento intelixente do espazo. Os mobles baixos e as cores claras ofrecen un aspecto lixeiro, mentres que as ilustracións nas portas das solucións de almacenaxe e os numerosos detalles divertidos lle achegan carácter.

Como crear o cuarto familiar definitivo
Un sofá cama de tres prazas VIMLE en azul claro e unha mesa de centro HOLMERUD no medio dunha sala de estar luminosa coas paredes amarelas.
Como crear o cuarto familiar definitivo