Saltar

Unha sala de estar elegante cunha atmosfera apracible

O confort, a expresividade e o estilo reúnense nesta preciosa sala de estar. Os materiais de punto e as cores neutras danlle un aire cálido e acolledor, e os mobles flexibles facilitan a creación dun espazo para traballar desde casa.

Sala de estar cun sofá de tres prazas e unha cadeira de brazos dunha praza e media brancos, unha alfombra de tecido plano e mobles da serie FJÄLLBO.
Sala de estar cun sofá de tres prazas e unha cadeira de brazos dunha praza e media brancos, unha alfombra de tecido plano e mobles da serie FJÄLLBO.

Un lugar acolledor para descansar

Este precioso sofá ten unha chea de espazo para estirarse e tombarse comodamente. Ademais, a súa funda é extraíble e lavable a máquina, polo que é fácil de limpar.

Velaquí todos os sofás
Un home tombado nun sofá branco de tres prazas aloumiñando a un can, unha manta dourada-marrón escura, e unha funda de coxín negra e beixe.
Velaquí todos os sofás

A túa cadeira de brazos favorita

Apostamos moito polas cadeiras de brazos e, en particular, por esta tan grande. É o lugar perfecto para ler, escoitar música e botar sonecas imprevistas!

Velaquí todas as cadeiras de brazos e chaiselongues
Cadeira de brazos branca dunha praza e media, unha manta dourada-marrón escura, e estantes negros con cestas, libros e outros obxectos.
Velaquí todas as cadeiras de brazos e chaiselongues

Traballa dende a casa con estilo

Precisas un lugar para traballar dende casa? Podes reorganizar a túa sala de estar sen problemas e crear unha zona inspiradora con esta mesa para portátil con rodas. Feita de madeira sólida e metal, ten un estilo que combina á perfección co resto de mobles.

Velaquí a serie FJÄLLBO
Unha mesa para portátil con rodas entre dous estantes negros, unha cadeira xiratoria negra, e un estante de parede en negro e piñeiro de aspecto clásico.
Velaquí a serie FJÄLLBO

Un estante que amosa a túa esencia

Coloca estantes en paredes baleiras para crear un museo particular. Amosa os teus libros máis prezados, a túa cámara favorita e esa pedra tan especial que atopaches nas vacacións, e goza desta pequena exposición sobre a túa vida.

Velaquí todos os estantes
Estante de parede en negro e piñeiro de aspecto clásico con libros, unha cámara, unha caixa e unha pedra.
Velaquí todos os estantes