Saltar

Unha sala de estar ampla de estilo moderno onde coidarte

Acomódate nesta sala de estar atemporal con algúns detalles modernos ben elixidos. Trátase dun espazo para celebrar a ledicia de pasar tempo no fogar, unha estancia onde todas as opcións foron escollidas para crear un ambiente seguro, cómodo e íntimo.

Unha sala de estar luminosa e ampla cun sofá VIMLE beixe, unha mesa de centro TONSTAD, coxíns de cores e unha manta azul.
Unha sala de estar luminosa e ampla cun sofá VIMLE beixe, unha mesa de centro TONSTAD, coxíns de cores e unha manta azul.

Un espazo para todo o que importa, especialmente ti

Existe algún día que non poida mellorar cun anaquiño a soas a carón da fiestra na cadeira de brazos OSKARSHAMN, cómoda e elegante? Podes poñer todo o que precises no repousapés, desde unha manta adicional ata un bo libro, para que só teñas que sentar e gozar.

Unha sala de estar cunha cadeira de brazos OSKARSHAMN en beixe agrisado iluminada polo sol, mais un tallo con almacenaxe ao lado dunhas fiestras de estilo francés.
Un tallo con almacenaxe OSKARSHAMN en beixe agrisado coa tapa levantada; no seu interior, gárdanse tecidos. Ao seu lado, está a cadeira de brazos da mesma serie.

Consigue o equilibrio entre o que mostras e o que non

As proporcións ideais entre a almacenaxe aberta e pechada cambian co tempo. Cando os pequerrechos cumpren certa idade, a decoración pode ir retomando a importancia que tiña antes dos seus primeiros anos de vida. Os armarios LEDAMOT son un bo exemplo: fan que sexa máis doado poñer orde, pero tamén ofrecen moitas superficies para gardar libros, caixas, recordos, obras de arte e plantas.

Velaquí todos os armarios
Un recanto de lectura ordenado con armarios LEDAMOT en beixe agrisado claro, unha cadeira de brazos gris, un cadro e plantas.
Velaquí todos os armarios

O teu propio "smörgåsbord" de pasatempos

Calquera sofá que pague a pena necesita unha mesa baixa adecuada. O estilo aberto e a almacenaxe oculta da mesa de centro TONSTAD dan visibilidade á decoración e aos libros, e proporcionan un espazo seguro para gardar o material de gaming e outros dispositivos.

Velaquí todos os separadores de caixóns
Unha mesa de centro baixa TONSTAD con varios libros enriba e un caixón aberto con material de gaming e outros dispositivos dentro.
Velaquí todos os separadores de caixóns

Unha zona de descanso sempre dispoñible

Se tes dúbidas sobre se é boa idea facerte cun sofá cama, pensa no que farás cando o teu fillo ou filla adolescente convide os amigos a xogar á consola ou a durmir. Co sofá cama VIMLE, terás unha solución para cada ocasión: un sofá comodísimo en calquera momento, que podes abrir para maximizar a comodidade ou converter nunha cama dobre para as visitas. O mellor? As fundas son lavables!

Velaquí todos os sofás cama
Un sofá cama VIMLE aberto como cama dobre para visitas e vestido con roupa de cama MYGGLASVINGE.
Velaquí todos os sofás cama

Un interruptor para regular o nivel de actividade do cuarto

As portas corredizas SKYTTA son un bo xeito de medir o volume deste espazo. Así, podes ir alternando entre un fondo decorativo con libros e recordos, unha noite de cine ou un espazo tranquilo, deixando fóra todo o que non necesites.

Ver a ferramenta de planificación SKYTTA
Dúas portas corredizas SKYTTA diante de varios andeis brancos con libros, adornos, unha pantalla de televisión e un banco con almacenaxe de madeira.
Dúas portas corredizas SKYTTA abertas: detrás, poden verse dous andeis con libros, adornos e unha pantalla de televisión.
Ver a ferramenta de planificación SKYTTA

Comodidade desde calquera perspectiva

Ter visitas, pasar tempo co resto da familia ou, simplemente, gozar dun pouco de privacidade. Sexa cal for a situación, este cuarto está deseñado para pasar tempo nel. Só tes que elixir que facer e onde en cada momento (apetéceche ler na cadeira de brazos ou prefires socializar no sofá?). Xusto como imaxinabas a sala de estar perfecta.

Velaquí a serie TONSTAD
Un sofá VIMLE beixe nunha sala de estar luminosa con coxíns de cores, unha mesa de centro TONSTAD e unha manta azul KLIPPOXEL.
Velaquí a serie TONSTAD