Saltar

Unha pequena sala de estar escandinava, ao teu gusto

Non precisas unha grande estancia nin moitos cartos para facer as cousas á túa maneira. Esta pequena sala de estar escandinava está chea de ideas, dende o sofá cama ata o estante que o separa da zona do comedor. Trátase de expresar o teu estilo e de tirarlle o máximo proveito ao teu espazo.

Un sofá cama FRIDHULT nunha sala de estar preto dun estante KALLAX branco e unha cama con roupa de cama a raias.

Crea un espazo que che encante

Os tecidos dos coxíns, as cortinas e as alfombras non son só unha forma accesible de gañar en comodidade. Tamén podes usalos facilmente para crear un espazo único que exprese a túa personalidade. Aquí combínanse estampados rechamantes en branco e negro, típicos do estilo escandinavo moderno. Quedan moi ben co amarelo intenso do sofá cama para conseguir un aspecto exclusivo.

Velaquí todos os tecidos
Unhas cortinas de tea precortada VARGTÖREL de raias en branco e negro penduradas nunha estancia preto dun sofá cama FRIDHULT amarelo.
Velaquí todos os tecidos

Moito máis que un separador de ambientes

Este estante KALLAX ofrece multitude de usos. Divide a sala de estar do comedor e ofréceche unha morea de espazo de almacenaxe para estas dúas zonas. Podes gozar de almacenaxe aberta, con cousas ao alcance da man, e almacenaxe pechada, como accesorios e caixas. Tamén podes colocar as túas fotos e adornos favoritos.

Velaquí a serie KALLAX
Obxectos como un altofalante Bluetooth VAPPEBY e un accesorio KALLAX con dous caixóns nos andeis dun estante KALLAX.
Un estante KALLAX branco con moitos obxectos nos andeis, incluídos accesorios KALLAX, sobre unha estrutura inferior KALLAX negra.
Velaquí a serie KALLAX

Móveos onde o precises

Nun espazo pequeno, os mobles que non pesan demasiado resultan moi prácticos. Podes movelos onde queiras ou quitalos se non os necesitas. Como esta cadeira de brazos SKÅLBODA ou a mesa auxiliar BURVIK. Ou o tallo BÄSINGEN con varanda, que te axuda a chegar ás cousas que teñas gardadas en lugares altos.

Unha cadeira de brazos SKÅLBODA branca e unha mesa auxiliar BURVIK sobre unha alfombra VÄNDPLATS en branco e negro nunha sala de estar pequena.
Un tallo BÄSINGEN con varanda sobre unha alfombra VÄNDPLATS en branco e negro xunto a unha caixa SAMLA transparente con tapa.

Sofá? Cama? As dúas cousas!

Este sofá cama FRIDHULT é ideal cando recibes visitas ou para esas noites con amizades nas que parece que ninguén quere marchar á casa. Transfórmase rápida e facilmente de sofá a cama, e viceversa.

Velaquí todos os sofás cama
Un sofá cama FRIDHULT, disposto como cama, con roupa de cama BJÖRKGRÅMAL e unha manta KLIPPOXEL en cor óso, sobre unha alfombra.
Velaquí todos os sofás cama

Unha sala de estar onde ti mandas

Un moble versátil ou multifuncional, como o estante KALLAX, é a chave para aproveitar ao máximo o espazo nesta pequena sala de estar. Os atrevidos padróns gráficos en branco e negro, xunto cos rechamantes toques de cor amarela, axudan a crear un ambiente moi persoal ao estilo escandinavo. Mesmo aínda que non che sobren os cartos nin o espazo, podes crear o fogar que queiras.

Velaquí todas as lámpadas
Varias caixas de almacenaxe PANSARTAX con tapa sobre un carriño INVALLNING para caixas xunto a un sofá cama FRIDHULT amarelo.
Velaquí todas as lámpadas

Queres ver que hai detrás dese estante KALLAX?

Gústache como se aproveita ao máximo o pequeno espazo desta sala de estar dunha forma única? Descubre tamén o comedor!