Saltar

Unha moderna sala de estar en beixe e branco para pasar tempo a soas e en compañía.

Bótalle unha ollada a este fogar contemporáneo que fornece unha versión intelixente e inspiradora (e que aproveita ben o espazo) do día a día de varias xeracións. Esta sala de estar simplifica as actividades sociais e as máis privadas nunha época na que ambas son igual de necesarias, á vez que brinda comodidade e estilo.

Unha sala de estar con sofás de dúas prazas KIVIK encarados con téxtiles de cores, un puf no medio e cadros perfectamente distribuídos na parede.

Resalta a letra pequena

Unha boa libraría ten algo para todos os gustos: novelas clásicas, revistas, decoración e unha bóla de discoteca. Cando atopes o equilibrio perfecto, fai que luza como merece. Cunha ringleira de iluminación de armario regulable YTBERG, terala preparada para calquera hora do día.

Velaquí toda a iluminación para librarías e armarios
A parede dunha sala de estar cunha combinación de librarías BILLY iluminadas por luces de armario YTBERG e cheas de libros e caixas.
Velaquí toda a iluminación para librarías e armarios

BILLY transfórmase nun escritorio cando o precises

Para ver a flexibilidade desta estancia na súa máxima expresión, bótalle unha ollada máis de cerca á libraría BILLY. Cando se presente unha sesión de estudo ou algo parecido, só tes que quitar a práctica sección con rodas da libraría, encaixar a á abatible integrada e listo! Terás un escritorio BILLY. Volve colocala no seu sitio cando remates, e aquí non pasou nada.

Velaquí a serie BILLY
Parte dunha sala de estar cun sofá KIVIK á beira dunha combinación de librarías BILLY da que se extraeu unha sección para formar un escritorio.
Unha sala de estar cunha cadeira de brazos de ratán ULRIKSBERG á beira dunha ringleira de librarías BILLY cheas de libros, caixas e decoración.
Velaquí a serie BILLY

Acurrúnchate comodamente nun sofá KIVIK

O seu gran tamaño, os repousabrazos baixos e anchos e os mobles ensacados fan da serie de sofás KIVIK a mellor elección para calquera ocasión. Ademais de contar con espazo para que senten os teus seres queridos e algunhas persoas máis, a súa incrible comodidade convida a vivir horas de charla e relaxación coas visitas. O toque final: sírvete un caprichiño na práctica bandexa para repousabrazos RÖDEBY.

Velaquí todos os sofás
Unha sala de estar en tons claros cun sofá de dúas prazas KIVIK con coxíns, unha manta e unha cunca de café sobre unha bandexa para repousabrazos RÖDEBY nun extremo.
Velaquí todos os sofás

Pezas de ratán a xogo que resultan do máis cómodas

A fibra natural é un deses elementos que van ben en case calquera entorno. A cadeira de brazos ULRIKSBERG e a mesa con rodas e almacenaxe LUBBAN pódense mover facilmente para fornecer máis espazo en encontros sociais. Cando non os precises, achegan un toque moderno, ademais de combinar moi ben cos outros materiais naturais do cuarto.

Velaquí todas as cadeiras de brazos de ratán
Un cuarto suavemente iluminado polo sol cunha cadeira de brazos de ratán ULRIKSBERG e unha mesa con rodas e almacenaxe LUBBAN colocados preto dunha ringleira de librarías BILLY.
Velaquí todas as cadeiras de brazos de ratán

Mol no centro e rodeado de capas de funcionalidade

Non é casualidade que este recibidor vaia parar directamente ao grupo de sofás. Esta sala de estar xira en torno á zona de sofás no centro e está pensada para ser un lugar de encontro e de comodidade. Pero para aguantar ben o atafego diario, precisa contar con reforzos. A luz do día, as plantas e as obras de arte achegan unha sensación de frescura, mentres que as amplas solucións de almacenaxe, incluído un escritorio improvisado, garanten que teñas á man todo o que precisas.

Velaquí todas as lámpadas
Un espazo luminoso cunha lámpada de mesa BÄCKNATE branca e un floreiro sobre un tocador MALM debaixo dun grupo de láminas enmarcadas.
Velaquí todas as lámpadas