Sala de estar moderna e versátil en harmonía natural
Dámosche a benvida a unha sala de estar pequena e sinxela, pero que conta co espazo necesario para levar a cabo diferentes actividades. Está dividida en varias zonas, pero todas comparten unha estética común na que predomina a madeira clara, as cores verde e branca, e unha gran cantidade de plantas. Ten un estilo relaxado, e é harmoniosa e funcional, ideal para a vida moderna.

