Saltar

Os primeiro pasos nun apartamento diminuto

Empezar a vida universitaria é moi emocionante e, ás veces, implica mudarte ao teu primeiro apartamento. Recompilamos varias ideas para que aproveites ao máximo o espazo limitado, desde mobles multifuncionais ata solucións de almacenaxe prácticas e toques acolledores que achegan comodidade. Todo co mesmo fin: que empeces con bo pé.

Unha mesa pregable IVAR, usada como escritorio, fixada a un estante IVAR, todo de madeira de piñeiro, á beira dunha cadeira de escritorio negra.

Empeza con algo que se poida reutilizar

A resistente mesa pregable IVAR pode soportar innumerables festas, horas de estudo e ceas. Como o sistema IVAR é moi doado de montar e desmontar, poderás reutilizalo cando te mudes.

Unha persoa estuda cuns libros nunha cadeira de escritorio negra nunha mesa pregable IVAR unida a un estante IVAR, todo de madeira de piñeiro.
Unha persoa colocando unha caixa de almacenaxe RÄTTAREN de lunares en branco e negro nun estante IVAR de madeira de piñeiro con decoración negra.
Quero ter espazo para todo e, ao mesmo tempo, sentirme como en casa. Cunha mesa pregable, teño espazo para estudar e facer outras cousas. Cando remato de estudar, prégoa para desconectar e así teño máis espazo para adestrar.
JuliusEstudante de máster de enxeñaría
Unha persoa sentada nun banco de piñeiro facendo exercicio cun peso. Sobre o banco hai un altofalante Bluetooth NATTBAD negro.

Mobles que caben en calquera espazo

Aproveita ao máximo o espazo no teu primeiro apartamento cos estantes de parede e os armarios IVAR con portas corredizas. As portas corredizas non ocupan espazo ao abrilas, polo que che dan máis espazo para decorar a estancia como prefiras.

Dous armarios IVAR de madeira de piñeiro con portas corredizas á beira dunha mesa auxiliar. Os armarios conteñen adornos e unha lámpada na parte de enriba.
Dous andeis de parede IVAR de madeira de piñeiro con caixas de almacenaxe negras e outros obxectos colocados enriba duns armarios IVAR con portas corredizas.

Monta un centro social con sorpresas ocultas

Crea un espazo acolledor para socializar co versátil sofá cama LINDÅKRA e a mesa auxiliar GRIMSARBO. Ambos teñen características ocultas (almacenaxe baixo o sofá cama e un compartimento secreto baixo o taboleiro) para todo o que non queiras ter á vista dos demais.

Unha persoa en vaqueiros relaxándose nun sofá cama de dúas prazas LINDÅKRA en gris escuro cun puf redondo desmontable.
Un adolescente suxeitando unha funda nórdica BROKDRACENA cun estampado de follas en branco e negro mentres coloca unha almofada nun sofá cama.

Mesa auxiliar GRIMSARBO redonda en negro cun taboleiro de madeira á beira dun sofá de cor gris escuro con coxíns brancos e negros.
Unha persoa levantando o taboleiro de contrachapado de piñeiro dunha mesa auxiliar GRIMSARBO negra para amosar un xogo de mesa de madeira que se garda debaixo.

Si, chegou o momento de ocuparte da bogada

Aínda que teñas pouco espazo, sempre hai oco para secar a roupa. O tendal JÄLL pode pregarse cando non se usa, e é mellor opción para a túa roupa e para o medioambiente que unha secadora. Usa a bolsa GÖRSNYGG para transportar a roupa: aínda que ten moita capacidade, ocupa pouco espazo cando está baleira.

Unha persoa en vaqueiros usando un tendal JÄLL branco onde hai uns vaqueiros azuis e outras pezas de roupa tendidas.
Unha bolsa GÖRSNYGG cun deseño de cadros en branco e negro sobre un banco á beira dunha persoa. No fondo, hai un colgadoiro para roupa.

Dálle o teu toque persoal e aposta polas raias

Coa pantalla de lámpada RINGSTA, resultarache moi doado darlle algo de personalidade ao teu primeiro apartamento. Podes combinar as súas emblemáticas raias con roupa de cama do mesmo estilo ou coas cortinas SLÅNHÖSTMAL, co mesmo deseño.

Unha pantalla de lámpada RINGSTA de raias brancas e negras pendurada no teito. De fondo, pode verse unha cama vestida con roupa de cama azul, marrón e de raias.
As cortinas SLÅNHÖSTMAL de raias brancas e negras encerran unha cociña modular para que quede oculta; ao lado hai unha grande fiestra.