Saltar

Mestura distintas pezas para crear unha sala de estar escandinava con contrastes de estilo

Fai da túa pequena sala de estar un lenzo en branco, e mestura os materiais e as cores como se fosen diferentes instrumentos tocando a mesma melodía. O fondo branco resalta os tons vibrantes e o aspecto natural da madeira clara para crear un conxunto que reflicte os teus gustos e personalidade.

Unha sala cun sofá STOCKHOLM 2025 turquesa escuro de 4 prazas, unha lámpada de pé e cadeiras de brazos dispostas arredor dunha mesa de centro.

Cores intensas para expresar o teu estilo

Mesmo unha combinación de ton sobre ton pode achegar un aspecto dinámico cando as cores non coinciden exactamente, como as diferentes texturas e tonalidades de azul do puf e a manta. O estampado en branco e negro da alfombra 100% de la garante que todos os elementos do cuarto estean en sintonía.

Velaquí todos os tecidos STOCKHOLM
Unha manta azul brillante descansa sobre un puf STOCKHOLM 2025 turquesa escuro colocado sobre unha alfombra de tecido plano a carón dun sofá.
Unha manta STOCKHOLM 2025 en azul intenso descansa sobre un puf turquesa escuro colocado sobre unha alfombra tecida á man en branco/negro e verde claro.
Velaquí todos os tecidos STOCKHOLM
Un floreiro STOCKHOLM 2025 negro a carón dunha lámpada de mesa negra e multicolor sobre un armario verde de 2 portas.

Unha rica paleta de cores e materiais

Na colección STOCKHOLM 2025, non hai dúas pezas iguais. Da madeira ao vidro, pasando polo veludo, podes combinar diferentes deseños e personalizalos con accesorios para crear un estilo único.

Engade un pouco de estilo escandinavo á mestura

Nada complementa mellor as cores vivas que a madeira clara e os tons neutros. O moble de ratán, a cadeira de brazos de liño tecido e a mesa de madeira teñen cores semellantes, pero texturas diferentes, o que achega un aire escandinavo clásico á estancia.

Explorar a colección STOCKHOLM
Dúas butacas STOCKHOLM 2025 de chapa de bidueiro a carón dunha mesiña de centro, cunha manta de cor laranxa intensa sobre unha delas.
Unha pequena bandexa con tesoiras e un caderno descansa sobre unha bandexa STOCKHOLM 2025 máis grande, que ao mesmo tempo se encontra sobre unha mesa de centro.
Explorar a colección STOCKHOLM
Unha cadeira STOCKHOLM 2025 en marrón escuro con libros e papeis encadernados sobre ela a carón dunha parede branca, entre unha mesa auxiliar e un armario.

Esta obra de arte semella unha cadeira

Algunhas pezas da colección STOCKHOLM 2025 case semellan fermosas esculturas. Esta cadeira de madeira de faia é un bo exemplo: fabricouse á man mediante un proceso chamado "curvado ao vapor", que a fai única e duradeira. E si: tamén podes sentar nela.

Xoga con pezas e adornos polivalentes

Móveas para ter as bebidas, os libros e as revistas sempre á man. A forma sinxela e as reducidas dimensións das mesas auxiliares facilitan o seu transporte, mentres que o deseño de chapa de piñeiro en dúas cores realza o estilo e permíteche presumir dos teus adornos favoritos.

Velaquí todos os mobles para sala de estar STOCKHOLM
Dúas mesas auxiliares sobre unha alfombra STOCKHOLM 2025 de tecido liso en branco/negro e verde claro a carón dun sofá turquesa escuro de 3 prazas.
Unha mesa auxiliar STOCKHOLM 2025 con rodas, cunha xerra e vasos, sobre unha alfombra entre un sofá e unha cadeira de brazos.
Velaquí todos os mobles para sala de estar STOCKHOLM

Vidro e latón para iluminar a estancia

Unha longa mesa de centro de piñeiro macizo convértese no escenario perfecto para expoñer preciosos adornos, como accesorios de latón e pezas de vidro soprado de diferentes cores e formas orgánicas.

Un cunco STOCKHOLM 2025 en azul turquesa sobre unha mesa de centro xunto a tres floreiros, dous deles con flores.
Un floreiro de vidro STOCKHOLM 2025 marrón visto dende enriba en ángulo. No floreiro hai unha soa flor de cor pexego clara.

Beleza cun propósito

Por algo se chama sala de "estar". Esta estancia, cunha mestura única de cores e materiais da colección STOCKHOLM 2025, é o mellor lugar para gozar do teu fogar.

Unha mesa de centro STOCKHOLM 2025 de piñeiro cun candeeiro de latón, un cunco e outros obxectos.
Un cunco STOCKHOLM 2025 en azul turquesa escuro con froita a carón dunha bandexa de chapa de carballo e unha fonte gris con froita pelada.