Saltar

Unha zona de lavadoiro versátil en tons terra

Aínda que sexa pequena, contar cunha zona de lavadoiro tan elegante que se integre practicamente en calquera recanto do teu fogar pode marcar a diferenza. Crea este ambiente natural en tons terra ao mesturar materiais naturais e elementos funcionais. Quen sabe... Talvez, o día da bogada se converta no teu momento favorito da semana.

Unha zona de lavadoiro acolledora con cortinas DYTÅG en beixe escuro, usadas como separadoras de estancias, e un carriño RÅGRUND con estantes en bambú natural.
Unha zona de lavadoiro acolledora con cortinas DYTÅG en beixe escuro, usadas como separadoras de estancias, e un carriño RÅGRUND con estantes en bambú natural.

Camaleónico, funcional e estético

Poñer as cousas para facer a bogada nun carriño (dun fermoso bambú natural) fai que sexan doadas de coller e organizar. Usa un par de cortinas atemporais de liño cunha textura irregular en beixe escuro para dividir a túa estancia e darlle un aire limpo e acolledor.

Velaquí a serie RÅGRUND
Un carriño RÅGRUND de bambú con tres estantes cheo de artigos para facer a bogada e pequenas caixas de almacenaxe nun material natural.
Cortinas DYTÅG en beixe escuro e liño natural ocultando unha zona de lavadoiro e deixando á vista un espazo de ioga cunha esteira e un estante baixo unha xanela.
Velaquí a serie RÅGRUND

Ola, calma. Adeus, ruído visual.

Ademais de seren moi bonitos, os tarros de vidro transparente, as bandexas de madeira e os recipientes de algodón permítenche botar unha ollada xeral ás túas pertenzas máis pequenas e proporcionan un aire apracible de xeito natural.

Velaquí máis consellos para a bogada
Un tarro de vidro IKEA 365+ cheo de deterxente en po cunha guía de madeira NEREBY con recipientes NEREBY enriba.
Velaquí máis consellos para a bogada

Rodéate de plantas

Como calquera outro recuncho do teu fogar, tamén podes achegar a natureza ao teu lavadoiro. Unha planta proporciona un aire apracible, acolledor e carismático á túa decoración. E non só iso, xa que pode reforzar o teu benestar, e a quen non lle gusta sentirse ben mentres se encarga das tarefas da casa?

Velaquí todos os testos e soportes para testos
Un soporte para testos RÅGKORN de estilo natural con dúas asas e unha gran planta dentro, con cortinas en beixe escuro detrás.
Velaquí todos os testos e soportes para testos

Almacenaxe bonita e intelixente para a bogada familiar

Pode facer que o teu espazo para a bogada familiar sexa máis acolledor. Utiliza tons neutros para integrala co resto da estancia mentres gozas dun espazo organizado e bonito para lavar e ordenar a roupa. Cando remates, só terás que amontoar a táboa de pasar o ferro e o carriño, e gardar o tendal para gozar do teu merecido descanso.

Unha zona de lavadoiro cunha parede de azulexos brancos con mobles RÅGRUND versátiles en bambú natural e unha guía NEREBY con accesorios.