Saltar

Un lavadoiro versátil cun toque de cor

Que non che engane o aspecto divertido deste lavadoiro. Aquí, cada cousa ten o seu sitio para que che sexa máis doado facer as tarefas do fogar relacionadas cun estilo de vida activo. Neste espazo tan ben planificado, poderás poñer lavadoras, tender e recoller a roupa, pasar o ferro e airear as pezas nun amén.

Un lavadoiro con azulexos amarelos cun armario NYSJÖN branco, cunha lavadora branca e accesorios en diferentes cores.
Un lavadoiro con azulexos amarelos cun armario NYSJÖN branco, cunha lavadora branca e accesorios en diferentes cores.

Goza dun espazo ordenado co chan despexado

Deixa que as paredes te axuden a ordenar. Aproveitar a altura total da estancia é un xeito perfecto de liberar espazo e organizarse. Os andeis con caixas e recipientes, e os numerosos ganchos, farán que che resulte máis doado atopar o que necesites. Ademais, aforrarás moitísimo tempo se cada cousa ten a súa propia caixa, etiquetada como corresponda.

Un baño amarelo cunha combinación de armario BOAXEL branca con caixas brancas en andeis e pezas de roupa penduradas dunha barra.

Un lavadoiro con todo preparado para a seguinte tarefa

Á hora de poñerte ao choio coas tarefas do fogar, é importante ter listo todo o que precisas para limpar. Esta combinación de taboleiro perforado, que inclúe ganchos, clips e recipientes, é moi práctica e permíteche ter unha visión xeral dos produtos básicos de limpeza (e os toques de cor danlle un aire máis divertido). Cando non se usen, os artigos máis grandes pódense pendurar dos resistentes ganchos de parede.

Velaquí todos os ganchos e accesorios de almacenaxe de parede
Un lavadoiro amarelo cun estante JONAXEL branco e un taboleiro perforado SKÅDIS con varios accesorios para a bogada.
Dous ganchos pregables KLYKET en aluminio e beixe, cunha vasoira e un recolledor amarelo pendurados, montados nunha parede de cor amarela clara.
Velaquí todos os ganchos e accesorios de almacenaxe de parede

Dálles cor ás túas tarefas diarias

Este lavadoiro, divertido e ben organizado, conta con armarios e combinacións de almacenaxe de cor branca que contrastan coas paredes amarelas e o divertido estampado do chan. Xa sexa para ordenar as pezas, poñer a lavadora ou pasar o ferro e dobrar a roupa, cada tarefa e artigo teñen o seu sitio neste lavadoiro (e sen renunciar ao estilo).

Velaquí todos os mobles e estantes para o lavadoiro
Un armario NYSJÖN branco cunha lavadora branca nun lavadoiro con azulexos amarelos e diferentes solucións de almacenaxe.
Velaquí todos os mobles e estantes para o lavadoiro