A almacenaxe dos teus soños no lavadoiro para facerlle fronte á bogada interminable
Unha almacenaxe axeitada pode axudar a que facer a bogada sexa máis entretido, tanto se a túa lavadora se atopa no soto como se está nun lavadoiro ou na esquina do garaxe. Coida ese espazo coa mesma atención que lles dedicas aos teus produtos favoritos. Eficiente, organizado e mesmo divertido: iso pode chegar a ser o lavadoiro dos teus soños.

Pon o foco no lugar onde todo ocorre
O espazo máis útil do lavadoiro atópase xunto á lavadora. Ten sempre á man os artigos indispensables para cada lavado; así, tiraraslle o máximo proveito ao espazo dun xeito intuitivo. Os andeis de parede ENHET son profundos e de grande utilidade no lavadoiro, xa que se deseñaron para que as cestas e o deterxente estean ao teu alcance cando os precises. Falemos agora do espazo para secar. Aproveita as paredes baleiras para pendurar a roupa. Instala barras para a roupa MULIG para crear tendais que poderás utilizar en calquera momento. Lembra ter un tendal pregable para colocalo onde queiras cando te conveña. Os caldeiros con rodas ou asas fan que sexa máis sinxelo que as cousas avancen dun paso ao seguinte.
Organiza os andeis do lavadoiro para reducir o número de engurras
Imaxina o lavadoiro dos teus soños, no que todo está tan organizado que case non se require a túa participación. Utiliza dúas, tres ou mesmo catro cestas para clasificar a roupa por cor, tecido, temperatura de lavado ou propietario. Destina unha caixa UPPDATERA para quitamanchas e outra para os produtos pensados para lavar zapatos. Pendura unha táboa de pasar o ferro RUTER da parede para que che resulte sinxelo acceder a ela. Reserva unha caixa para a roupa que tes pensado doar. Mete a roupa limpa nun TORKIS grande, que poderá recollerse con facilidade cando cumpra o seu propósito. Agrupar artigos relacionados en lugares definidos axuda a que todas as persoas atopen o que precisan, sen necesidade de etiquetas e sen ter que preguntarte a ti primeiro.
Sorrí: chegou a hora de facer a bogada!
A bogada é algo do que ninguén se pode librar. Por que non facemos que sexa un pouco máis divertida? Trasladar unha pequena dose de diversión ao lavadoiro pode axudarche a apreciar ou tolerar esta rutina algo máis. Engancha os calcetíns desemparellados para que poidan volver ser dous. Rende homenaxe ás manchas resistentes cun salón da fama. Crea un museo en miniatura para os tesouros que atopes nos petos: moedas, landras e outras sorpresas. Garda a peluxe para realizar traballos manuais. Deseña unha guía que explique os símbolos do lavado da roupa. Todo é válido, sempre que che faga sorrir.

Sorrí: chegou a hora de facer a bogada!
A bogada é algo do que ninguén se pode librar. Por que non facemos que sexa un pouco máis divertida? Trasladar unha pequena dose de diversión ao lavadoiro pode axudarche a apreciar ou tolerar esta rutina algo máis. Engancha os calcetíns desemparellados para que poidan volver ser dous. Rende homenaxe ás manchas resistentes cun salón da fama. Crea un museo en miniatura para os tesouros que atopes nos petos: moedas, landras e outras sorpresas. Garda a peluxe para realizar traballos manuais. Deseña unha guía que explique os símbolos do lavado da roupa. Todo é válido, sempre que che faga sorrir.
Dálle a benvida á espera
Hurra! Como mínimo, tes 30 minutos ata que a lavadora acabe o seu ciclo. Por que non quedas onde estás? Monta un escritorio práctico que che axude a meditar mentres fas arranxos e dobras a bogada. Incorpora unha lámpada con altofalante VAPPEBY para rir mentres escoitas o teu pódcast favorito. Esquece as lámpadas de teito que emiten unha luz intensa e proba con iluminación xeral, atmosférica e directa ata atopar a que che fai falla. Este é o lavadoiro dos teus soños: tranquilo e acolledor grazas á almacenaxe organizada, os deseños modernos (abertos, sinxelos e funcionais) e as cores neutras, como o branco ou o beixe claro, que se realzan con toques de verde, azul e vermello.










































