Saltar

Guía de cociña BODBYN en gris

Goza da expresión clásica nesta cociña BODBYN en gris suave. As frontes con marco e paneis biselados danlle á túa cociña un carácter tradicional cunha sensación cálida e acolledora. É fácil manter limpa a superficie lacada e lisa, e podes personalizar as frontes con distintos pomos e tiradores.

Unha cociña tradicional cun chan de cadros, frontes de cociña BODBYN grises e mesados laminados con efecto pedra en branco/gris claro.
Unha cociña tradicional cun chan de cadros, frontes de cociña BODBYN grises e mesados laminados con efecto pedra en branco/gris claro.

Cociña BODBYN en gris por 1149€

Prezo para unha cociña estándar de 240 x 60 x 228 cm

Inclúe: armarios, frontes, tiradores, accesorios interiores, bisagras, zócolos, patas, caixóns, mesado, vertedoiro e billa. 

Non inclúe: electrodomésticos, iluminación integrada nin mesado á medida.

Deseña a cociña dos teus soños

Existen cociñas con infinidade de formas e tamaños diferentes, e cada persoa ten unha idea diferente sobre o que é unha cociña perfecta. Por iso, o sistema de cociña METOD, agochado detrás desas frontes BODBYN grises, resulta tan práctico. Os armarios están dispoñibles en moitos tamaños diferentes, polo que poderás personalizar o teu espazo de almacenaxe segundo o que precises. Son perfectos para espazos complicados con formas peculiares.

Iniciar o planificador de cociñas IKEA
Unha cociña con frontes BODBYN grises e un vertedoiro HAVSEN branco con frontes visibles conduce a un recibidor con máis armarios.
Iniciar o planificador de cociñas IKEA

Un encanto acolledor e reconfortante

As frontes de cociña BODBYN con paneis biselados teñen o encanto artesanal perfecto para crear un ambiente acolledor no que non che importará mergullarte durante horas. A serie tamén inclúe portas de vidro que realzan o estilo tradicional. Por suposto, están dispoñibles no mesmo acabado lacado en gris suave.

Reservar unha cita para planificar a túa cociña
Amarios baixos con frontes BODBYN grises, armarios de parede con portas de vidro e iluminación integrada e libros de receitas nun mesado.
Reservar unha cita para planificar a túa cociña

25 anos de garantía de balde

As cociñas IKEA están feitas para resistir os rigores da vida cotiá do fogar, por moitos días e anos que pasen. De feito, estamos tan seguros da calidade do noso sistema METOD que che ofrecemos unha ampla garantía de 25 anos.

Máis información sobre a nosa garantía de 25 anos
Armarios baixos con frontes de cociña BODBYN grises, mesados laminados con efecto pedra en branco/gris claro e un forno de aceiro inoxidable.
Máis información sobre a nosa garantía de 25 anos